Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica, control e vixilancia e coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da estrada AC-403, treito Santa Comba-A Pereira.

Adxudicatario: Elsamex, S.A.

Orzamento: 69.849,55 euros.

Asistencia técnica, control e vixilancia e coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da estrada AC-443 Negreira-Brandomil, treito Negreira-Ponte Corneira.

Adxudicatario: Elsamex, S.A.

Orzamento: 69.849,55 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda