Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para recualificación de predio singular en Santa Margarida-Mourente en execución de convenio urbanístico aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 27 de xaneiro de 2001.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 9-5-2002, desestimou a alegación formulada por

José Luis Ruibal e Manuel Ruibal Fontán no proceso de información pública subseguinte á aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para recualificación de predio singular en Santa Margarida-Mourente, en execución do convenio urbanístico subscrito o 24-1-2001 pola alcaldía e os Sres. Puig Pérez Quevedo e Puig Otero, que foi aprobado polo Pleno da Corporación o 27 dese mes con base nas motivacións expresadas en informe emitido polo arquitecto xefe da OTPXU do 10-1-2002 e dictame da Comisión Informativa Municipal de Urbanismo do 16-1-2002.

Nese acto administrativo prestouse aprobación definitiva ó documento denominado de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra para recualificación de predio singular en Santa Margarida-Mourente, en execución do convenio urbanístico subscrito o 24-1-2001 pola alcaldía e so Sres. Puig Pérez Quevedo e Puig Otero que foi aprobado polo Pleno da Corporación o 27 dese mes, sendo o documento de ordenación de modificación do PXOU formulado por esta Administración municipal e composto do exemplar redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión en xaneiro de 2001, e do informe aclaratorio do informe inicialmente emitido polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia de data 26-4-2001.

Así mesmo, dispúxose a publicación dese acordo no Diario Oficial de Galicia e a súa comunicación ás administracións públicas, entidades e persoas interesadas, con ofrecemento do réxime de recursos procedente, dispoñéndose tamén o seu traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expendiente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dlixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modificada o artigo 70.2º da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, téndose que proceder ó cumprimento e execución das estipulacións do convenio urbanístico que foi subscrito o 24-1-2001, unha vez que entre en vigor a presente modificación puntual do instrumento urbanístico de ordenación integral do municipio.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP número 122, do 27-6-2002 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos no número 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10-1-6) e 46-1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándolle que o artigo 107-3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 12 de xullo de 2002.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente