Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana nos seus rueiros número 208 e 209 rúa Salvador Moreno e da normativa integrante dela.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o nove de maio pasado, prestou aprobación definitiva ó documento denominado de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana nos seus rueiros nº 208 e 209 rúa Salvador Moreno, sendo o documento de ordenación de modificación do PXOU formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión, texto refundido de 1 de abril de 2002, que incorpora a corrección das observacións formuladas no informe favorable, de carácter preceptivo e vinculante, emitido o pasado 27-2-2002 polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Así mesmo, dispúxose a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e a súa comunicación ás administracións públicas, entidades e persoas interesadas, con ofrecemento do réxime de recursos procedente, dispoñéndose tamén o seu traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP número 118, do 21-6-2002 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivendam para os efectos establecidos no número 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, de conformidade cos preceptos sinalados, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa e contra a disposición xeral, aprobada definitivamente, poderase interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 12 de xullo de 2002.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente