Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

CORRECCIÓN de erros.

Advertidos erros no anuncio de licitación do servicio de limpeza de escolas e edificios municipais, publicado o día 2 deste mes, no Diario Oficial de Galicia número 148, procédese á súa corrección:

Na páxina 11.985, onde di: «Proposicións: data límite, ata as 13 horas dentro do prazo de quince días naturais, contados...», debe dicir: «Proposicións: data límite, ata as 13 horas do vixésimo sexto día contado...».

O prazo de presentación de ofertas iniciarase ó día seguinte da última publicación desta corrección nun diario oficial.

Narón, 9 de agosto de 2002.

Xoán Gato Díaz

Alcalde