Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

Anuncio de contratación por concurso procedemento aberto de subministración de camión para o Servicio de Iluminación, das características que figuran no prego de condicións. Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente, Secretaría. Nº de expediente: 8/2002. Obxecto do contrato: adquisición de camión con guindastre para o Servicio de Iluminación. Lugar de entrega: A Estrada. Prazo de entrega: 4 meses desde a sinatura do contrato. Tramitación ordinaria. Procedemento aberto. Forma, concurso. Tipo de licitación: 57.865,45 A. Garantía provisoria: 1.157,31 A. Garantía definitva o 4% da adxudicación. Obtención de documentación na secretaría xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, teléfono: 986 57 01 65, extensión: 320.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas en días hábiles. Presentación de ofertas en tres sobres. No sobre 1 -Documentos-. Sobre 2 -Proposición económica-. Sobre 3 -Referencias para a selección-. Apertura de plicas ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten. Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 15 de xullo de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde