Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BANDE

CONVOCATORIA do concurso, polo procedemento aberto, para realización das obras de saneamento en Pereira.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Bande. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 1/2002.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: obras de saneamento en Pereira. b) Lugar de execución: Pereira-Bande. c) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 40.605 euros.

5. Garantías: provisional: 812 euros.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Concello de Bande. b) Domicilio: San Roque, nº 2. c) Localidade e CP: Bande 32840.

d) Teléfono: 988 44 30 01. e) Telefax: 988 44 34 30. f) Data límite para a obtención de documentos e información: 26 días naturais desde a publicación deste edicto no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

8. Presentacións das ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde a publicación deste edicto no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a prevista na cláusula XI do prego de cláusulas administrativas. c) Lugar de presentación: mesmo que no punto 6º. d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata sinatura do contrato. e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe a contratación.

9. Apertura das ofertas: a) Entidade: Concello de Bande. b) Domicilio: rúa San Roque, nº 2. c) Localidade: Bande. d) Data: o terceiro día natural hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións; e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a) Criterios de valoración: os que figuran nas bases de contratación. b) Aprobación do expediente: 5 de agosto de 2002.

11. Durante o prazo de oito días naturais contados desde o seguinte ó do anuncio no DOG poderanse presentar reclamacións en relación co prezo de cláusulas administrativas.

Bande, 5 de agosto de 2002.

O alcalde

P.D.

Rubricado