Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración e instalación de bolardos tipo piar para as rúas da Fonte de Santo Antonio-Tránsito da Mercé-Tránsito da Ensinanza.

Tipo de licitación: 56.505,79 euros IVE incluído.

Prazo de execución: establécese un prazo de entrega e instalación dos bens de 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións económico-administrativas.

Garantía provisional: 1.130,12 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2002.

Encarnación Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións