Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 2 de plans provinciais de 2002.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o día seguinte hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

-Nº e plan/denominación/concello/prazo/clasif. contratista/orzamento.

-14PB/Camiño Oleiro-Parada-Souto/Castrelo de Miño/4 meses/--/95.739.

-83PB/Saneamento en Rubiás e beirarrúas en Viana/Viana do Bolo/4 meses/--/114.627.

-99PB/CV 5 Beariz-Portela da Cruz/Beariz/4 meses/B.2.d/134.300.

-219 POL/Depuración de residuais Santa Cruz/N. de Ramuín/3 meses/--/100.637.

-220POL/Saneamento Portela-Pombar-Cortiñas/Parada do Sil/5 meses/--/84.789.

-235POL/CP 3 Allariz-Xunqueira de Ambía/Allariz/4 meses/G.6.d/210.354.

-242POL/CV 30 Mugueimes-Maus de Salas/Muíños/4 meses/--/78.132.

-244POL/CP 9 Ourense-Piñor/Ourense/3 meses/--/90.152.

-249POL/sn Loeda-Fontelo/Piñor/3 meses/--/120.202.

-251POL/CV 87 Mugares-Toén-Xestosa/Toén/3 meses/--/90.152.

Ourense, 13 de agosto de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense