Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (94/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 94/2002, por instancia de Joaquín Barrientos Conde e Mª Dolores Barrientos Conde, contra a empresa Herculina de Gas, Hergás, S.L. e o Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 9 de xullo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 94/2002, seguidos por instancia de Joaquín Barrientos Conde e María Dolores Barrientos Conde, maiores de idade, asistidos pola letrada Blanca Fernández Chao González Dopeso, contra a empresa Herculina de Gas, Hergás, S.L., que non compareceu en autos e o Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta por Joaquín Barrientos Conde e María Dolores Barrientos Conde, intervindo o Fogasa, contra a empresa Herculina de Gas, Hergás, S.L., condenando a demandada a aboar ós demandantes a cantidade de 5.569,49 euros ó primeiro e 5.187,77 euros á segunda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Herculina de Gas, Hergás, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu domicilio descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 9 de xullo de 2002.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial