Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.623

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (497/1996).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico:

Que neste xulgado se seguen autos nº 497/1996 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra INSS e outras sobre accidente, nos que se dictou sentencia en dada 8-7-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, declaro a empresa Marítima Vasco Gallega responsable directa da cantidade de 5.665.928 pesetas (34.052,91 euros) derivadas das prestacións de morte e supervivencia de Juan Estévez Nores, cantidade xa aboada pola citada mutua, e ante a situación de insolvencia da empresa, a dita cantidade debe ser satisfeita polo Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesourería Xeral da Seguridade Social como continuadores do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, condenando os citados organismos ó aboamento da mesma.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marítima Vasco Gallega, expido e asino esta cédula na Coruña o 8 de xullo de 2002.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial