Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.623

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (228/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 228/2002, por instancia de Maritza Osorio Mena contra a empresa Jesús Martínez González sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo: que estimando a demanda promovida por Maritza Osorio Mena contra a empresa Jesús Martínez González debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á actora na data 13-2-2002, condenando a demandada a que no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións

que rexían antes de producirse o despedimento ó aboamento da cantidade de 1.614,83 euros, en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata esta resolución que ascenden á suma de 3.870,53 euros.

Así, por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, con clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo

de interpoñe-lo recurso, declarándose que desistiu de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jesús Martínez González, expido e asino esta cédula na Coruña o dous de xullo de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado