Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (341/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, doy fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 341/2002, por instancia de Gonzalo Docampo Núñez, contra a empresa Asociación Gallega de Investigación del Trastorno Límite de la Personalidad (Bordeline-Coruña) (ASGAI) sobre despedimento, se dictou a seguinte:

«Sentencia.-Na Cidade da Coruña o 5 de xullo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 341/2002, seguidos por instancia de Gonzalo Docampo Núñez, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a empresa Asociación Gallega de Investigación del Trastorno Límite de la Personalidad (Bordeline-Coruña) (ASGAI), intervindo a Fogasa, representado e asitido polo letrado Javier Rosado Díaz e sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposto por Gonzalo Docampo Núñez, intervindo o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Asociación Gallega de Investigación del Trastorno Lómite de la Personalidad (Bordeline-Coruña) (ASGAI) condenando a demandada a que no prazo de cinco días, desde a data da notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento indemnización de 547,58 euros máis; en ámbolos casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 29,20 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Asociación Gallega de Investigación del Trastorno Límite de la Personalidad (Bordeline-Coruña) (ASGAI), que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expi

do e asino esta cédula na Coruña o 5 de xullo de 2002.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial