Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.621

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación de sentencia (555/2001).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela.

No xuízo referenciado dictouse sentencia, co encabezamento e parte dispositiva seguinte:

En Santiago de Compostela o 18 de xuño de 2002.

Amelia María Cortizo Moure, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, dictou esta resolución no xuízo verbal 555/2001, que versa sobre reclamación de cantidade en accidente de tráfico, promovido polo procurador Paz Montero en nome e representación de María del Carmen Bautis Calviño, coa asistencia do letrado Evaristo Nogueira Pol, contra Carlos Pomares Lores, José Aldao Iglesias e as entidades aseguradoras Aegón e Axa, representadas polos procuradores García-Píccoli e Fernández González, baixo a asistencia letrada de Andrés Magallanes e José Antonio Fernández, respectivamente.

Resolvo que con estimación da demanda presentada polo procurador Paz Montero, en nome e representación de María del Carmen Bautis Calviño, contra Carlos Pomares Lores, José Aldao Iglesias e as entidades aseguradoras Aegón, S.A. e Axa, S.A., debo condenar e condeno os citados co-demandados a que de forma conxunta e solidaria indemnicen a parte demandante na cantidade de 406.736 pesetas, en concepto de danos, e ó pagamento dos xuros derivados desta cantidade, con aplicación do artigo 20 da Lei de contrato de seguro, respecto ás compañías aseguradoras.

As custas impóñenselle á parte demandada.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo e coas condicións establecidas na vixente lei rituaria.

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto no artigo 497.2º da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto notifícaselle a José Aldao Iglesias a sentencia dictada, para os efectos procedentes.

En Santiago de Compostela o dous de xullo de dous mil dous.

O/a secretario/a xudicial

Rubricado