Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.620

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DE VIGO

CÉDULA de notificación de sentencia (74/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución co encabezamento e decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Sentencia 5/2002.

Xuíza que a dicta: Paula Orosa Rico.

Lugar: Vigo.

Data: oito de maio de dous mil dous.

Parte demandante: Banco Santander Central Hispano, S.A.

Avogado: José Iglesias Ares.

Procurador: Jesús González-Puelles Casal.

Parte demandada: Domingo Pedro Rodríguez Selegante.

Avogado: sen profesional asignado.

Procurador: sen profesional asignado.

Obxecto do xuízo: outras materias.

Xuízo ordinario nº 74/2001.

Decisión xudicial.

1. Que se estima a demanda interposta pola representación procesual da entidade Banco Santander Central Hispano, S.A.

2. Que se condena a Domingo Pedro Rodríguez Selegante a que lle aboe á demandante as seguintes cantidades: a) 15.239,97 euros (quince mil douscentos trinta e nove con noventa e sete euros); é dicir, 2.535.718 pesetas de principal. b) Os xuros de demora devengados a partir da interposición da demanda, calculados ó tipo nominal anual do 14%, sobre dous mil catrocentos sesenta e oito, con noventa e tres euros (2.468,93 euros), 410.795 pesetas, así como o 14% nominal anual en relación a once mil seiscentos cincuenta e tres con sesenta e dous euros (11.653, 62 euros), é dicir, 1.938.999 pesetas.

3. As custas procesuais causadas nesta instancia impóñenselle ó demandado.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LACn).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LACn).

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Domingo Pedro Rodríguez Selegante, esténdese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, dezanove de xuño de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE FERROL