Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.621

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

CÉDULA de notificación (348/1999).

Nos autos de referencia dictouse a sentencia que, copiada na súa parte pertinente, ten o teor literal seguinte:

«Encabezamento:

En Ferrol o nove de xaneiro de dous mil dous.

Jesús Souto Herreros, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Ferrol e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de cognición nº 248/1999, seguidos por instancia da entidade Banco Santander Central Hispano, S.A., representada polo procurador Garmendia Díaz, e coa dirección do letrado González Pereira, contra Cristina Gradaille Pego e contra José Ricardo Garrote Pita, ámbolos dous en rebeldía.

Decido:

Que estimo integramente a demanda formulada pola entidade Banco Santander Central Hispano, S.A., representada polo procurador Garmendia Díaz, e coa dirección do letrado González Pereira, contra Cristina Gradaille Pego e contra José Ricardo Garrote Pita, ámbos en rebeldía, e, na súa virtude:

a) Condeno ambos codemandados a aboaren solidariamente á entidade demandante a cantidade de tres mil catrocentos setenta e seis euros con corenta e un céntimos de euro (3.476,41 euros), cos seus xuros ó tipo de demora pactado, e, así mesmo,

b) Condeno ambos codemandados ó pagamento das custas causadas neste preito, se as houber».

E para que sirva de cédula de notificación ó demandado rebelde, José Ricardo Garrote Pita, expido e asino esta cédula en Ferrol o doce de xuño de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA