Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.508

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (307/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 307/2001 por instancia de Mercedes Vázquez Vidal contra la empresa Efecto Comunicación, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Mercedes Vázquez Vidal contra a empresa Efecto Comunicación, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante na data 4-4-2002 e así mesmo extinguida a relación laboral ó día de hoxe, condenando á demandada ó aboamento da cantidade de 8.649,60 euros en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios

deixados de percibir desde a data do despedimento e ata esta resolución na contía de 1.562,63 euros.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante o Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de

interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Efecto Comunicación, S.L. expido e asino a presente cédula na Coruña, 27 de xuño de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado