Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de xullo de 2002 pola que se corrixe erro advertido na do 22 de maio de 2002 pola que se convocaban probas selectivas para o ingreso na escala de xestión desta universidade, pola quenda de promoción interna.

Advertido erro na Resolución do 22 de maio de 2002 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 127, do mércores, 3 de xullo de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

-No anexo II da convocatoria: bloque I do programa, no enunciado do tema 4, onde di: «Dereito de acceso a arquivos e rexistros. A Lei orgánica de regulación do tratamento automatizado de datos de carácter persoal», debe dicir: «Dereito de acceso a arquivos e rexistros. Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal».