De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 10 de outubro de 2001 (BOE do 26 de outubro), para a provisión da praza número 01/068 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería Industrial desta universidade, a favor de Benigno Antonio Rodríguez Gómez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Benigno Antonio Rodríguez Gómez, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería de sis
temas e automática, do departamento de Enxeñería Industrial desta universidade.
A Coruña, 18 de xullo de 2002.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña