Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.509

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (156/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 156/2002, por instancia de Roberto Canosa Huerga e Antonio Losada Vázquez contra a empresa Herculsegur, S.A.L., sobre resolución de contrato, nos que recaeu sentencia con data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda promovida por Roberto Canosa Huerga e Antonio Losada Vázquez contra a empresa Herculsegur, S.A.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía os litigantes o día de hoxe, e condeno á demandada a estar e pasar pola anterior declaración e o

aboamento da cantidade de 1.040,27 euros ó Sr. Canosa Huerga e 5.600,96 ó Sr. Losada Vázquez, en concepto de indemnización.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, deberá consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, e entrega-lo xustificante na secretaría ó tempo

de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non se constituí-lo dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Herculsegur, S.A.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 28 de xuño de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA