Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de agosto de 2002 pola que se modifica a do 8 de maio de 2002, das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se establecen as bases e se convocan subvencións para as corporacións locais da Comunidade Autónoma que vaian establecer un programa de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos para o curso académico 2002/2003.

A Lei 2/2002, do 29 de abril, pola que se aproban os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 84, do 2 de maio), incrementa a dotación da aplicación orzamentaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prevista na prórroga dos orzamentos para financiar subvencións para as corporacións locais da Comunidade Autónoma que vaian establecer un programa de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos para o curso académico 2002/2003, polo que é necesario modifica-la orde de axudas no que respecta a este punto.

De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo parágrafo quinto da exposición de motivos da Orde do 8 de maio de 2002, das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se establecen as bases e se convocan subvencións para as corporacións locais da Comunidade Autónoma que vaian establecer un programa de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos para o curso académico 2002/2003, o cal quedará redactado na forma seguinte:

«Con este fin, na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2002, nas aplicacións orzamentarias 14.02.212A.463.0 e 07.03.323A.480.0 existen partidas consignadas para as axudas que se establecen no articulado desta orde por un importe de 136.309 euros e de 760.622 euros, respectivamente.»

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse os directores xerais de Familia e de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2002.

Manuela López BesteiroCelso Currás Fernández

Conselleira de Familia e PromociónConselleiro de Educación

de Emprego, Muller e Xuventudee Ordenación Universitaria