Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de agosto de 2002 pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior de Administración (grupo A), auxiliar (grupo D) e subalterno (grupo E) da Xunta de Galicia.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

Así mesmo, na alínea 3 do artigo 35 da Lei 4/1988, establece que: «Os programas das probas de selección e, se é o caso, dos cursos de formación deberán procurar especialmente que as materias esixidas se correspondan co desenvolvemento posterior da tarefas que se van cumprir».

De conformidade cos ditos preceptos, esta consellería resolve aproba-los temarios que rexerán nos programas dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior de Administración (grupo A), auxiliar (grupo D) e subalterno (grupo E) da Xunta de Galicia, e que se publican como anexo á presente orde, estando pendente de negociación entre a Administración e as representacións sindicais a exención de temas ou grupos de temas para a quenda de promoción interna.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO

Ó CORPO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO A)

Parte común

I. Dereito constitucional e autonómico.

1. Concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. Liñas fundamentais do constitucionalismo español.

2. A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. O Estado español como estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional.

3. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

4. A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do Rei.

5. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.

6. Procedemento de elaboración e aprobación das leis. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A Administración Consultiva: o Consello do Estado.

7. O Tribunal Constitucional. Organización. Orzamentos materiais e procedementos dos recursos perante o tribunal. A regulación constitucional da xustiza. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de xustiza. O Ministerio Fiscal.

8. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Actividade administrativa e actividade política. Goberno e Administración.

9. A Administración xeral do Estado. A súa organización: a Lei 6/1997, do 14 de abril. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas: carácter e atribucións.

10. As administracións locais: a posición constitucional dos municipios e provincias. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas sobre Administración local.

11. A Administración institucional. Os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. Administración corporativa. Colexios profesionais, cámaras de Comercio, Industria e Navegación. Confrarías de pescadores.

12. A distribución territorial do poder do Estado: análise histórica e evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución.

13. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

14. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

15. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a administración pública como garantía destes. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais.

16. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

17. O Goberno da comunidade autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

18. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

19. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

20. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías, organización e estructura. A Administración periférica da comunidade autónoma.

21. A Administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

22. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de cooperación e coordinación. O control sobre a actividade das comunidades.

II. Teoría xeral do dereito e dereito civil.

23. As fontes de dereito: teoría xeral e regulación no Código Civil. Especialidades do sistema de fontes de dereito no ámbito de dereito administrativo.

24. Dereito obxectivo. Interpretación, aplicación e eficacia das normas.

25. Dereitos e facultades. O dereito subxectivo. A relación xurídica.

26. Teoría xeral do negocio xurídico. Estudio especial do contrato, elementos dos contratos: consentimento, obxecto e causa; a forma dos contratos.

27. Os dereitos reais. O dereito de propiedade. Os dereitos reais limitados e de garantía. A posesión.

28. Rexistro da Propiedade. Títulos inscribibles. Clases de asentos. A Administración e o Rexistro da Propiedade.

III. Dereito administrativo.

29. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

30. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

31. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal.

32. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da relación xurídico-administrativa: as administracións públicas. O administrado. Situacións xurídicas dos administrados.

33. O principio de legalidade da Administración: a súa construcción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

34. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma.

35. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

36. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

37. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

38. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia impugnable, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión.

39. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

40. A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto e natureza. Capacidade procesual, lexitimación, representación e defensa. Actos impugnables. O recurso contencioso-administrativo: procedemento xeral.

41. Recursos de súplica, apelación, casación e revisión. Execución de sentencias. Os procesos especiais: clases; especial referencia ós procesos en materia electoral e para a protección dos dereitos fundamentais.

42. Os órganos da Administración pública. Orixe e contido. Estructura. Tipos de órganos. Centralización e descentralización. Clases de descentralización. A desconcentración. Mecanismos de cooperación, coordinación e control entre as administracións públicas.

43. As administracións locais. O municipio. Poboación municipal, organización e competencias. Eleccións municipais.

44. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

45. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

46. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

47. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

48. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

49. Función pública e burocracia. A relación de servicio entre a Administración e os empregados públicos: réxime estatutario e dereito laboral. A reforma da función pública española de 1984, modificacións sucesivas. Estructura da función pública española. Órganos superiores da función pública española.

50. Función pública do Estado e autonómica: selección dos funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario. Formación e perfeccionamento. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Plans de emprego. Situacións administrativas.

51. Funcionarios públicos da Administración do Estado e das comunidades autónomas: os dereitos. Os dereitos de sindicación e folga. A Seguridade Social. Deberes. Réxime de incompatibilidades. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

52. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. A xestión do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo.

Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

53. Persoal laboral. O IV convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

IV. Unión Europea, xerencia pública, economía e orzamentos.

54. A Constitución e a acción exterior do Estado. Os tratados internacionais. As comunidades autónomas e a acción exterior do Estado.

55. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. O Tratado de Amsterdam.

56. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

57. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

58. As competencias da comunidade. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

59. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

60. Integración de España nas comunidades. Exame xeral da acta de adhesión de España ás comunidades europeas.

61. A función directiva nas administracións públicas: novas tendencias. O Management público. Selección, formación e reciclaxe do directivo público.

62. A política modernizadora das administracións públicas: sistemas comparados. A crise do sistema burocrático clásico. A utilización de técnicas privadas na xestión administrativa.

63. Formulación e designación de políticas públicas. Políticas de xestión e de execución. Avaliación de políticas públicas: obxectivos e sistemas. Elementos participantes na avaliación.

64. A planificación na xestión pública. Planificación estratéxica e operativa. A análise de custos. A dirección por obxectivos e outras técnicas modernas de programación. A planificación dos recursos humanos nas administracións públicas.

65. Tipos de organizacións públicas. O sector público e as institucións mediais.

66. O control da xestión: técnicas. O sistema de información da xestión na Administración pública. Control interno e externo.

67. Sistemas de información para a dirección e a xestión. As organizacións baseadas na información.

A información como recurso. Os sistemas de información e a súa estructura.

68. O modelo económico español no marco da economía mundial. O sector primario. O sector industrial. O sector servicios.

69. A renda nacional. Evolución e distribución. A balanza de pagamentos. Especial consideración da balanza comercial.

70. Os orzamentos do sector público en España. O gasto público: evolución e distribución actual. O su financiamento. O déficit público.

71. O sistema fiscal español. Estructura actual. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. O sistema tributario español: réxime actual. Taxas e prezos públicos.

72. O sistema financeiro español. Estructura. Evolución recente. A política monetaria. O Banco de España.

73. O sistema monetario español. A inflación: control e medidas correctoras. Política monetaria.

74. O financiamento das CC.AA. Principios e recursos financeiros. Tributos propios e cedidos. A corresponsalidade fiscal.

75. A estructura económica de Galicia, sectores productivos e relacións intersectoriais.

76. O mercado de traballo en España. A evolución do emprego. Poboación activa, ocupación e paro.

77. O sistema educativo. Estructura e características xerais. Financiamento. A reforma do sistema educativo.

78. O sistema sanitario. Estructura e características xerais. Financiamento. Relacións co sistema de seguridade social.

79. A Lei xeral orzamentaria e as leis anuais de orzamentos.

80. O orzamento: concepto e natureza. Contido. Estructura. Elaboración. Aprobación.

81. Modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Transferencias. Outras modificacións orzamentarias.

82. O procedemento de execución orzamentaria. Fases.

83. O control orzamentario. Concepto. Natureza e ámbito de aplicación. Clases.

84. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A Facenda da comunidade. Os orzamentos da comunidade autónoma. Control orzamentario: o Consello de Contas.

Opción xurídica

I. Dereito autonómico.

1. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional;

o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do Estatuto respecto ás demais normas do Estado e da comunidade autónoma.

2. A interpretación do Estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

3. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ó Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de cerramento do artigo 149.3º. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.

4. As competencias exclusivas: a súa relativización. As competencias normativas: as leis da comunidade autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

5. A concorrencia normativa entre o Estado e a comunidade autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estructura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.

6. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da comunidade autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

7. A modificación extraestatutaria de competencias: a Lei marco; a Lei orgánica de delegación; a Lei de harmonización. As cláusulas constitucionais de prevalencia e supletoriedade.

8. A colaboración entre o Estado e a comunidade autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da comunidade autónoma.

9. Conflictos constitucionais entre órganos do Estado. Conflictos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

10. Medio ambiente e protección civil. Producción forestal. Os montes veciñais en man común. Aproveitamentos forestais. Caza.

11. Administración territorial: organización territorial. Réxime local. Lei 5/1997, de Administración local de Galicia e o desenvolvemento comarcal.

12. Xustiza e interior: policía autonómica. Bases do réxime de xogos e apostas. Cooperativas.

13. Ordenación do territorio. Solo e ordenación urbana. Vivenda.

14. Obras públicas. Estradas. Transportes. Obras hidráulicas. Portos.

15. Agricultura. Estructuras agrarias. Arrendamentos rústicos. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Gandería. Vías pecuarias.

16. Industrias agrarias. Producción e comercialización agropecuaria.

17. Pesca, marisqueo e acuicultura: ordenación xurídica e réxime das sancións.

18. Industria e enerxía. Minas.

19. Comercio interior. Comercio exterior. Defensa da competencia. Disciplina do mercado.

20. Consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.

21. Educación non universitaria.

22. Universidades e investigación.

23. Saúde pública. Sanidade interior. Seguridade Social.

24. Traballo e emprego. Familia, infancia e adolescencia.

25. Cultura. Patrimonio histórico e documental. Deportes.

26. Medios de comunicación social. Turismo. Tempo libre.

27. Administración financeira. As caixas de aforro de Galicia. Administración económica. A planificación da actividade económica. O sector público da economía galega.

II. Administrativo e laboral.

28. Funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das organizacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

29. Os bens das entidades locais. As facendas locais.

30. Potestades administrativas. A potestade organizatoria: límites e principios xerais. Os órganos administrativos. Creación. Competencias. A dislocación competencial. Os órganos colexiados: réxime de funcionamento. Conflictos de competencias.

31. A potestade expropiatoria: a expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Suxeitos e obxecto da potestade expropiatoria. A causa expropiandi. O contido da expropiación.

32. O procedemento expropiatorio en xeral. Determinación e pagamento do prezo xusto. A reversión do ben expropiado. Expropiacións especiais. Garantías xurisdiccionais.

33. A potestade sancionadora da Administración. Principios. O procedemento sancionador.

34. Outras potestades da Administración. A potestade financeira e tributaria. A potestade de programación e planificación. As potestades arbitrais.

35. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.

36. Os dereitos subxectivos do administrado. Os dereitos fundamentais como dereitos subxectivos. O dereito a obter prestacións dos servicios públicos. A participación dos administrados nas funcións públicas. Actos xurídicos do administrado.

37. A incidencia da acción administrativa sobre as situacións xurídicas do administrado. Creación e ampliación de situacións activas e favorables: o acto administrativo como título. Creación e ampliación de situacións pasivas: operacións de gravame. As concesións e autorizacións administrativas. A delimitación administrativa de dereitos privados.

38. A revisión de oficio dos actos administrativos nulos e anulables: casos en que procede. Procedemento. A revogación de actos. A impugnación xurisdiccional de actos pola propia Administración: a declaración de lesividade.

39. O procedemento económico-administrativo: a súa natureza. Órganos competentes. Interesados. Actos impugnables. Tramitación en primeira ou única instancia. Procedementos especiais. Recurso de alzada e recurso de revisión.

40. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. A Lei de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

41. O dominio público: concepto e natureza xurídica. Clasificacións. Elementos: suxeitos, obxecto e destino. Afectación, desafectación e mutacións demaniais. Réxime xurídico do dominio público: inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade.

42. Augas terrestres. O dominio público hidráulico. Competencias da Xunta de Galicia. Utilización de dominio público hidráulico.

43. Responsabilidade civil, penal e administrativa dos funcionarios públicos. Réxime disciplinario.

44. Delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos.

45. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servicios de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

46. O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo: concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

47. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

48. Modalidades do contrato de traballo. O traballo directivo. Contrato de traballo para a formación. Contrato en prácticas. Contrato de traballo a tempo parcial. Contratos de duración determinada.

49. Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

50. A Seguridade Social en España. Antecedentes lexislativos e douctrinais. Caracteres xerais do sistema español. Réxime xeral e réximes especiais. O modelo de seguridade social na Constitución. Réxime xeral. Afiliación. Altas e baixas: procedemento e efectos. Cotización: concepto e natureza xurídica da cota. Continxencias e situacións protexidas.

51. A acción protectora da Seguridade Social. Prestacións: incapacidade temporal, invalidez, xubilación, morte e supervivencia. A protección por desemprego. A protección á familia. A asistencia sanitaria.

Opción económica

I. Teoría, política económica e facenda pública.

1. Teoría da demanda do consumidor. Función de utilidade. Curvas de indiferencia. Comportamento maximizador. Efecto renda e substitución. Teoría da preferencia revelada.

2. Teoría da empresa. Función de producción. Curvas isocuantas e isocustos. Comportamento maximizador. Oferta de producto. Demanda de factores.

3. O mercado en condicións de competencia perfecta. Definición de competencia perfecta. O mercado en condicións de competencia imperfecta. Monopolio. Determinación de prezos. Discriminación de prezos. Oligopolio. Equilibrio xeral.

4. Macromagnitudes agregadas básicas. Producción, renda e gasto. Contas simplificadas da nación. O cadro macroeconómico. Medición da inflación e o crecemento.

5. Determinantes e comportamento do investimento. Investimento en existencias. Investimento en equipamento: o custo de uso do capital. O proceso de axuste óptimo. Determinantes e comportamento do consumo privado.

6. Demanda de diñeiro. Compoñentes. Funcións do diñeiro. Motivos para demandar diñeiro: transacción, precaución e especulación. Oferta de diñeiro. O proceso da oferta de diñeiro. O multiplicador monetario. A política monetaria.

7. Demanda agregada. A curva de demanda agregada. Propiedades. Efecto dunha expansión fiscal. Efecto dunha expansión monetaria. Oferta agregada. O mercado de traballo. Fundamentos microeconómicos. Racionamento. Rixidez de prezos.

8. Modelos de determinación da renda nunha economía pechada. O modelo clásico. O modelo keynesiano. A nova macroeconomía clásica: expectativa racional e baleiramento continuo dos mercados.

9. A inflación e o desemprego. Expectativas. Clases e efectos. Estratexias para reduci-la inflacción.

10. A balanza de pagamentos e o tipo de cambio. Definición de balanza de pagamentos. Réximes cambiarios: sistema de cambios fixos e flexibles. Refe

rencia ó sistema monetario europeo. Balanza de pagamentos e cantidade de diñeiro. Estabilización.

11. Determinación da renda nunha economía aberta con tipos de cambio fixos. Determinación do volume de producción e do tipo de xuros. Política fiscal e monetaria. Resposta a shocks externos: sincronía cíclica e diferenciais de xuros

12. Determinación da renda nunha economía aberta con tipos de cambio flexibles. Determinación do volume de producción e do tipo de xuro. Política fiscal e monetaria. Resposta a shocks externos: sincronía cíclica e diferenciais de xuros.

13. A política fiscal. A política monetaria. Outras políticas económicas.

14. O crecemento económico. Factores. A política de estabilización. A política de redistribución e a política de desenvolvemento económico.

15. Factores determinantes do comercio internacional: custos comparativos e demanda recíproca. Tecnoloxía e dotación de recursos.

16. O equilibrio externo e interno. Problemas xerais. Políticas de desviación e reducción do gasto. Outras políticas.

17. A planificación económica. Modelos guiados por prezos e por cantidades. Problemas de aplicación da planificación. Información. Incentivos.

18. O sistema monetario europeo: o euro.

19. A actividade económica. A actividade financeira: concepto, caracteres e efectos.

20. A Facenda pública: funcións, instrumentos e medios. A Facenda pública supranacional.

21. O suxeito da actividade financeira do sector público: características. A actividade financeira descentralizada.

22. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. Os principios do ordenamento tributario español.

23. A Lei xeral tributaria. Harmonización fiscal comunitaria. Aplicación e interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e ámbito espacial. A fraude de lei. Normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

24. Os ingresos públicos: concepto e clases. Efectos económicos. Taxas e prezos públicos.

25. O imposto: concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Impostos indirectos: concepto, caracteres e clases.

26. A Seguridade Social: características económicas. Financiamento.

II. Xestión orzamentaria pública e economía da empresa.

27. O gasto público: concepto, natureza e clases. A incidencia do gasto público.

28. A Administración financeira: a súa organización. Órganos de orzamentación. Órganos de execución orzamentaria. Órganos de control.

29. O orzamento: concepto e contido. Os principios clásicos do orzamento e a súa crise. Os fins do orzamento. A súa evolución.

30. Clasificación dos gastos públicos: efectos limitativos.

31. As técnicas orzamentarias. O orzamento administrativo. O orzamento por programas. O orzamento base cero.

32. Procedemento de pagamento. O pagamento directo polo Tesouro público. Pagamentos a través de habilitados: anticipos de caixa fixa e pagamentos a xustificar.

33. Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Devengo e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

34. Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obriga. Pagamento. Control dos gastos contractuais.

35. Xestión dos gastos de transferencias. As subvencións: procedemento de concesión. O recoñecemento da obriga e o pagamento das subvencións: reintegro e control.

36. A contabilidade nacional: contido, ámbito, estructura e caracteres.

37. O Plan Xeral de Contabilidade pública. Ámbito e estructura. Obxectivos. Criterios de valoración.

38. O control orzamentario. Clases de control. A contabilidade como medio de control. Sistema contable da Administración do Estado.

39. Liquidación do orzamento e rendición de contas.

40. O déficit público: causas e efectos. O financiamento do déficit público.

41. O Tesouro público.

42. A débeda pública. Clases. A xestión da débeda pública.

43. O réxime económico e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia. O orzamento: elaboración, tramitación e aprobación.

44. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado. A demanda. O empresario. O contorno: estratexias e límites.

45. O investimento. Concepto e clases. Selección de investimentos.

46. As fontes de financiamento da empresa. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización. O financiamento externo da empresa.

47. A valoración externa da empresa. Valor matemático ou rendible. Valor de liquidación, valor de reposición, valor substancial, valor bursátil e valor

de rendemento da empresa. O concepto de goodwill. Métodos para determina-lo valor global da empresa.

48. A dimensión da empresa. Criterios e teorías delimitadores do tamaño. O crecemento da empresa. Estratexias de crecemento.

49. A información económico-financeira e os estados contables. Análise de balances e normalización contable.

50. A sociedade anónima. Outras sociedades mercantís.

51. A empresa pública: obxectivos. Efectos macroeconómicos. Características fundamentais da súa xestión. O sistema de control. O financiamento da empresa pública. A estructura financeira.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO

Ó CORPO AUXILIAR DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO D)

I. Sistemas de información.

1. Introducción á comunicación. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferencia entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral e telefónica. Atención ó público: acollida e información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

2. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo. Especial consideración do arquivo de xestión.

3. Análise documental: documentos oficiais. Formación do expediente. Documentación de apoio informativo. Criterios de ordenamento do arquivo. O arquivo como fonte de información: servicios de arquivo.

4. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación de arquivo. Disposicións legais sobre normalización e procedemento: escritos oficiais.

5. O concepto de informática. Desenvolvemento histórico. A información e o ordenador electrónico. Nocións sobre microordenadores. Elementos físicos. Sistema operativo. Programa de aplicación.

6. A automatización de oficinas. Concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. O tratamento de textos. Arquivo e axenda electrónica. A folla electrónica de cálculo. Os gráficos de oficina e o correo electrónico. O SXPA. Os rexistros administrativos da Xunta de Galicia.

II. Dereito constitucional. Organización política e administrativa do Estado.

7. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo. A Coroa.

8. As Cortes Xerais. Composición. Atribucións e funcionamento. A elaboración das leis. Os tratados internacionais.

9. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal.

10. O Goberno e a Administración. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Os ministros. Secretarios de Estado e subsecretarios. Directores xerais. Órganos da Administración periférica.

11. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración local: a provincia e o municipio. As comunidades autónomas: a súa constitución, competencias. Os estatutos de autonomía.

III. Organización política da comunidade autónoma.

12. A Comunidade Autónoma de Galicia (I). O Estatuto de autonomía. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. As competencias da comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

13. A Comunidade Autónoma de Galicia (II). A Administración autonómica: organización e estructura das consellerías.

IV. A Unión Europea.

14. Configuración da Unión Europea: os tratados orixinarios e de modificación. Fontes do dereito comunitario: os tratados, os regulamentos, as directivas. Os fundamentos da Comunidade Europea. As liberdades básicas comunitarias.

15. As institucións comunitarias. A Comisión. O Consello. O Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza. O Tribunal de Contas.

V. A Administración pública. O dereito administrativo.

16. A Administración pública: concepto e principios. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. Principios da organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e clases. A competencia administrativa: concepto. A xerarquía administrativa. A delegación, a avocación e a substitución. A coordinación administrativa.

17. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e actos anulables.

18. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

19. Revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso-administrativo. A responsabilidade das administracións públicas.

20. A contratación administrativa. Principios básicos da Lei de contratos das administracións públicas. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

21. As formas de actividade administrativa. Formas de xestión dos servicios públicos. A xestión directa. A xestión indirecta. O dominio público e privado da Administración.

VI. A función pública.

22. O persoal ó servicio das administracións públicas. O funcionario público: adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Réxime da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado. O sistema de dereitos pasivos.

23. A función pública de Galicia. Réxime xurídico. Persoal funcionario. Sistemas de acceso, provisión de postos de traballo, promoción, situacións administrativas.

24. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. O contrato laboral: contido, duración e suspensión. Negociación laboral. Conficto e convenios colectivos. O IV convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta.

25. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral: acción protectora. Continxencias cubertas. Concepto e clases de prestacións. Xestión da Seguridade Social.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO

Ó CORPO SUBALTERNO DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO E)

1. A Constitución española. Visión xeral e especial referencia ós dereitos e liberdades fundamentais.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. O Parlamento de Galicia.

3. O concepto de administración pública. Diferentes tipos de administración: central, autonómica, local e institucional.

4. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O Consello da Xunta e o seu presidente. As consellerías.

5. As dependencias administrativas da Administración central na Xunta de Galicia: relación e situación física. Os rexistros administrativos da Xunta de Galicia. O SXPA.

6. As normas xurídicas. A lei e o regulamento: concepto e clases.

7. O procedemento administrativo: concepto e principios xerais.

8. Os dereitos do cidadán na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. A función pública de Galicia. Dereitos e deberes dos funcionarios.

10. Funcións do persoal pertencente ó corpo de subalternos. Información e atención ó cidadán.