Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se nomea director do VII Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

Por Orde do 6 de maio de 1992 (DOG nº 88, do 11 de maio), regúlase o diploma de inspección de servicios e nel establécese que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores de servicios, será requisito necesario estar en posesión do diploma de inspección de servicios expedido pola Escola Galega de Administración Pública.

Segundo dispón o artigo 2º da citada orde, para obte-lo diploma de inspección de servicios será preciso seguir con resultado favorable o curso que periodicamente convoque para o efecto a Escola Galega de Administración Pública, engadindo o artigo 5º que o director do curso será nomeado polo director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Convocado por Resolución do 3 de xullo de 2002 (DOG nº 133, do 11 de xullo) o VII Curso para

a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Nomear director do VII Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia a Luis Etchevarría Ariznabarreta.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios