Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se adxudican as axudas para a formación de novos grupos de investigación, proxectos de promoción xeral do coñecemento, axudas e incentivos para a participación noutros programas convocados nos anexos I, II e III respectivamente, da Orde do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril).

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 10 de abril) pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé nos seus anexos I, II e III, a concesión das seguintes axudas: axudas para a formación de novos grupos de investigación (anexo I), proxectos de promoción xeral do coñecemento (anexo II) e axudas e incentivos para a participación noutros programas (anexo III).

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decre

to 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 12 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a seguir se detallan ós beneficiarios que se citan nos anexos desta resolución, nas contías que se sinalan. As ditas axudas están cofinanciadas polo FEDER MAC.

Segundo.-As axudas que se relacionan nos anexos I, III e IV comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización da correspondente actividade de investigación incrementada nun 10%, destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-No caso de que se produza algunha renuncia das axudas concedidas que se detallan no anexo I ou sexa posible algún incremento de créditos, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá adxudicarlles axuda ós proxectos que figuran na lista de suplentes elaborada pola Comisión de Selección de Investigación (anexo II).

Cuarto.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos anexos I, II, III e IV desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non ter acadada unha avaliación favorable.

Quinto.-A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 18 de xaneiro de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sétimo.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

P.D.(Orde 1-4-2002, DOG do 10 de abril)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento