Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.299

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (425/2001).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Antonio Viña Vázquez, dictouse resolución do seguinte teor literal:

Auto.

En Santiago de Compostela, vintedous de abril de dous mil dous. Dada conta:

1. Feitos.

Único.-Neste xulgado e por quenda de repartición correspondeulle demanda presentada por Antonio Viña Vázquez contra Complexo Sarela S.A. sobre cantidade, e rexistrada co número 425/2001 na cal tras expoñe-los feitos e fundamentos de dereitos que estima aplicables ó caso, termina suplicando que se admita a demanda e previos os trámites legais, se sinale día e hora para a celebración do acto de conciliación e xuízo e, en definitiva, se dicte sentencia estimando a demanda.

2. Razoamentos xurídicos.

Único.-Que de conformidade co disposto no artigo 82 e seguintes da Lei de procedemento laboral e o artigo 404 da LAC, é procedente admitir a trámite a demanda e sinalar día e hora en que han de ter lugar os actos de conciliación e xuízo, debendo mediar, en todo caso, un mínimo de catro días entre a citación e a efectiva celebración dos ditos actos.

3. Parte dispositiva.

Acórdase admitir a trámite a demanda presentada e rexistrala. E de conformidade co disposto na Lei de procedemento laboral, cítese en legal forma ás partes litigantes para que o día 17 de xullo de 2002 ás 9.40 horas comparezan na sala da audiencia deste Xulgado do Social número dous, sito en r/ Viena, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de celebra-los actos de conciliación e xuízo que a lei prevé, entregando ó demandado no acto da citación a copia da demanda, a ela acompañada e prevíndoo que se intenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que o dirixa e represente, deberá poñelo en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes, e facendo ámbalas dúas partes as seguintes advertencias: a)que poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís, cunha designación que poderán facer mediante poder bastante, por medio de comparecencia ante este

xulgado, ou ante o de Primeira Instancia ou de Paz, se é o caso, se o domicilio da parte fora distinto da residencia deste xulgado; b) que a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores, por canto as partes poden nomear representantes, e estes, o mesmo que os defensores, poden substituí-la representación ou a defensa conforme as leis, téndose por desistido ó demandante se non comparece; y

c) que os litigantes, ou quenes os representen, teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

E para as citacións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Admítese e declara pertinente a proba de proposta. Cítese ó representante legal da demandada a interrogatorio de parte Manuel Romarís Tomé. Requírase á demandada para que achegue o expediente administrativo do demandante no prazo de dez días.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e cabe interpoñer recurso de reposición ante este xulgado no prazo de 5 días.

Así o acorda, manda e asina Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe.

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento a Complexo Sarela S.A. e a interrogatorio de parte ó representante legal de Complexo Sarela Manuel Romarís Tomé, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

O secretario

Rubricado