Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (215/2002).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre despedimento, por instancia de Natalia Trabadelo Trabadelo, dictouse resolución do seguinte teor literal:

«Santiago de Compostela, un de xullo de dous mil dous.

Providencia maxistrada xuíza señora López Juiz.

Dada conta, visto o estado que manteñen as presentes actuacións. Acórdase sinalar para que teñan lugar os actos de conciliación e xuízo, o día 26 de agosto de 2002 ás 9.30 horas da súa mañá, e que se celebrará na sala de audiencia deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, sito na rúa Viena s/n desta cidade. Cítese a Fogasa, e ó demandado Pab Ultramarinos a través do DOG. Advírtase ás partes que: a) Poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia ante este xulgado ou ante o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; b) A celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin por enfermidade destas nin dos seus representantes ou defensores, podendo estes substituí-la representación ou defensa de acordo coas leis; c) Terase por desasistido ó demandante se non comparece; d) Os litigantes ou quen os represente deberán

acurdir con tódolos medios de proba de que intenten valerse; e e) O demandado que inten

te valerse de avogado, graduado social ou procurador deberá poñelo en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación. Notífiquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de 5 días ante este mesmo xulgado.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. do que dou fe.

Así o acorda, manda e asina Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe.»

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento a Pab Ultramarinos, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela un de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado