Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.298

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

AUTOS (855/2000).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago

de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 855/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Marcos A. Crespo Olveira, contra Next News Trading, Ltd. e Pesca Gales, S.L. en reclamación de despedimento, dictouse, con data do 24 de xuño de 2002, auto de opción, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:

Que estimando como estimo a demanda interposta por Marcos Crespo Olveira contra a mercantil Next News Trading, Ltd., como empresa principal e contra a empresa Pesca Gales, S.L., como o seu representante en España, en demanda de despedimento, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o actor e condeno á mercantil principal e solidariamente a Pesca Gales, S.L., como axente desta, a que opte nun prazo de cinco días á readmisión do traballador ou ben ó aboamento dunha indemnización consistente en novecentas setenta e catro mil pesetas (974.000 pesetas), o que equivale a cinco mil seiscentas cincuenta e tres euros con oitenta e tres céntimos (5.653,83 euros) en concepto de indemnización e, en todo caso, ó aboamento de seis millóns cincocentas sesenta e dúas mil novecentas oitenta pesetas (6.562.980 pesetas), o que equivale a 39.444 euros con 83 céntimos en concepto de salarios de tramitación, cun haber diario de 10.830 pesetas, equivalente a 65,09 euros.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse, por escrito ou comparecencia, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia e con expresa advertencia de que de seren recorrentes as espresas codemandadas condenadas deberán exhibir perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do social número dous, número de identificación 1596, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 65), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén que depositou na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas),

preceptiva legalmente para recorrer; sen estes requisitos non se terá por anunciado este recurso.

E para que lle sirva de notificación de auto de opción a Next News Trading, Ltd., con domicilio en Castiñeiras Castro Riveira, hoxe en paradoiro descoñecido e fáiselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o luns 24 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado