Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.298

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE REDONDELA

CÉDULA de notificación de sentencia (412/1996).

No procedemento de referencia dictouse a resolución cun encabezamento e parte dispositiva que é do teor literal seguinte

«Sentencia:

En Redondela o nove de xaneiro de 2002.

Vistos por min, Miguel Aramburu García-Pintos, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela, os autos seguidos neste xulgado co nº 412/1996 por instancia de Caja de Ahorros Municipal de Vigo representada polo procurador Ramón Cornejo González e defendida polo avogado Fernando Búa Gil contra herdanza xacente de Carmen Rodríguez Pomar, herdeiros descoñecidos e incertos de Carmen Rodríguez Pomar e Ludwig, e atendendo ás seguintes

Dictamino que estimo a demanda interposta polo procurador Cornejo en nome e representación de Caja de Ahorros Municipal de Vigo, e polo tanto procede continua-la execución despachada, contra a herdanza xacente de Ludwig Oberacher e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, os herdeiros de Carmen Rodríguez Pomar e a herdanza xacente de Carmen Rodríguez Pomar, ata facer pagamento á entidade demandante da suma de 1.312.603 pesetas, máis o xuro pactado, 24,94 anual, desde o día 12 de marzo de 1996, e as custas do procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que cabe interpoñer contra ela recurso de apelación, o cal para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra deberá ser anunciado no prazo de cinco días, desde a súa notificación, ante este xulgado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de herdanza xacente de Carmen Rodríguez Pomar, herdeiros descoñecidos ou incertos de Carmen Rodríguez Pomar, herdanza xacente de Ludwig Walter Oberacher e herdeiros descoñecidos e incertos de Ludwig Walter Oberacher, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, vintecatro de xuño de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado