Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.298

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación (434/2000).

Eu, José Otero Ruibal, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, dou fe de que nos autos seguidos perante este xulgado co nº 434/2000 recaeu sentencia, co encabezamento e resolución que din literalmente:

«En Pontevedra o vintedous de maio de dous mil dous.

Aurelia Montenegro Arce, maxistrada-xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido, vistos estes autos de incidentes 434/2000, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante sindicatura da quebra Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A., coa procuradora Alejandra Freire Riande e o letrado Enrique Devesa Pérez-Bobillo, e doutra como demandado Comercial Custodio, S.L., Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A., co procurador Óscar Pérez Goris e o letrado Emilio Búa Ares, e en rebeldía procesual a entidade Copdisa, sobre incidentes,

Resolvo que estimando a demanda interposta pola procuradora Alejandra Freire Riande, contra a entidade Comercial Custodio, S.L., representada polo procurador Óscar Pérez Goris, e contra a entidade Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A. (Copdisa), declarada en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a nulidade do contrato de dación en pagamento formalizado en escritura pública, outorgado con data do 12 de xullo de 1996 ante o notario Eduardo Méndez Apenela, número 3.065 do seu protocolo, e debo condenar e condeno as demandadas a estaren e pasaren por tal declaración e a que, solidariamente, integren á masa da quebra a cantidade de 19.375.000 pesetas (116.446,10 euros), máis o importe que se acredite en execución de sentencia e correspondente á indemnización de danos e custas ocasionados ó non ter disposta a masa da quebra dos bens descritos e obxecto da escritura de dación en pagamento desde a data desta escritura á data de interposición da demanda, todo iso con

expresa imposición de custas ás demandadas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, expido esta cédula en Pontevedra, 6 de xuño de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE REDONDELA