Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (461/2001).

Na Coruña o trece de xuño de dous mil dous.

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, fago saber que nos autos de xuízo ordinario que baixo o nº 461/2001 se seguen neste xulgado, se dictou sentencia con data do seis de xuño de dous mil dous, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

En nome de S.M. El-Rei de España, vistos por Carmen Emelia Gomá García, maxistrada-xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia número cinco desta cidade, os autos de xuízo ordinario tramitados ante o xulgado co nº 461/2001, promovidos pola procuradora Carolina Moreno Vázquez en nome e representación de Dialectro Galicia, S.A., contra José Antonio Ferreira Ferreiro e José Martín Carballo Alvar, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estima-la demanda formulada pola representación de Dialectro Galicia, S.A., contra José Antonio Ferreira Ferreiro e contra José Martín Carballo Alvar, en situación procesual de rebeldía, e condeno a estes últimos a que solidariamente lle aboen á parte demandante a cantidade de 3410,63 euros (567.481 pesetas) e xuros legais e custas deste procedemento.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña (artigo 455 da Lei de axuizamento criminal).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitando a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º da Lei de axuizamento criminal).

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, Antonio Ferreira Ferreiro e José Martín Carballo Alvar, expido e asino este edicto. Dou fe.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA