Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (530/2001-L).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial, certifico que no presente recurso nº 530/2001, dimanante dos autos de xuízo verbal 579/1999, do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, dictouse sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Audiencia Provincial.

Sección 3ª.

Juan Ángel Rodríguez Cardama pte.

Juan Luis Pía Iglesias.

Mª del Carmen Mosquera Rodríguez.

Na Coruña, tres de maio de 2002.

Vistos pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores que á marxe se expresan, os presentes autos de artigo 31 Lei de propiedade horizontal, número 579/99 que ante esta penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, nos que é parte apelante José Bargiela García, letrado, actuando no seu propio nome e representación; e doutra como apelada Comunidad de Propietarios Casa nº 1 r/ Martínez Morras nº 1 Edificio Hércules, representado/a polo/a procurador/a Neira López e baixo a dirección do letrado Espiñeira Vilariño, e en situación procesual de rebeldía os herdeiros descoñecidos e incertos de Juana García López e Juan Bargiela Álvarez, versando os autos sobre reclamación de cotas comunitarias.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola maxistrada xuíza de primeira instancia número dous da Coruña, no procedemento regulado no artigo 21 da Lei de propiedade horizontal a que se refire o

presente rolo, confírmase a dita resolución. Con imposición das cotas deste recurso ó apelante.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación ós demandados rebeldes herdeiros descoñecidos e incertos de Juana García López e Juan Bargiela Álvarez, expídese e asínase o edicto na Coruña, vinte de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado