Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.296

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Manuel Brunbeck Valdés.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 19 de xullo de 2001 (BOE do 17 de agosto), para a provisión da praza número 01/057 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Manuel Brunbeck Valdés, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o número 2º

do art. 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Brunbeck Valdés, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 4 de xullo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña