Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.296

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se modifica a publicación da relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servicios xerais.

A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicou os acordos dos tribunais no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), cos aspirantes definitivamente seleccionados.

Non obstante, algúns dos tribunais, segundo o disposto na base décima, 3. da citada convocatoria rectificaron erros materiais ou aritméticos na puntuación definitiva dalgúns aspirantes, polo que adoptado acordo ó respecto para os efectos de seguridade xurídica e da súa máxima difusión procede agora

darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos lugares onde están expostas novamente as correspondentes listaxes corrixidas, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-las listaxes de puntuacións e publicalas novamente nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e nos dos seus centros de xestión de atención primaria e especializada coas seguintes rectificacións de aspirantes que superaron o dito concurso-oposición:

Persoal de servicios xerais:

Mª del Carmen Cabarcos López, DNI 33323023, puntuación formación 9,000; puntuación final 169,140.

Ana Varela Rodríguez, DNI 36134316, puntuación formación 9,000; puntuación final 188,700.

Margarita López Mosquera, DNI 32796864, pasa de excluída a admitida; puntuación final 159,250.

Magín Estévez Fernández, DNI 32780643, pasa de excluída a admitida; puntuación final 153,750.

Raúl González Peliquín, DNI 34986976, pasa de excluído a admitido; puntuación final 135,230.

Segundo.-Contra o acordo deste tribunal que se fai público con esta resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante este centro directivo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos