Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 26 de xullo de 2002 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 2002-2003.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 xuño, de caza de Galicia, e na demais normativa que sexa de aplicación que inclúe:

O Decreto 506/1971, do 25 de marzo, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, no que sexa de aplicación en virtude do establecido nas disposicións transitorias segunda, terceira, cuarta e quinta así como na disposición derrogatoria da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, e a Lei 40/1997, do 5 de novembro, sobre reforma da anterior.

O Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, polo que se determinan as especies obxecto de caza e pesca comercializables e se dictan normas ó respecto.

O Real decreto 439/1990, do 30 de marzo, polo que se regula o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas.

A Lei de Galicia 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

A Directiva 79/409, do Consello da Comunidade Económica Europea, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres, e mailas súas posteriores modificacións.

A Directiva 92/43, do Consello da Comunidade Económica Europea, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e as súas posteriores modificacións.

O Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre, e o Real decreto 1193/1998, do 12 de xuño, que o modifica.

O Decreto 45/1999, do 21 de xaneiro, polo que se establecen medidas preventivas e de restauración de áreas afectadas polos incendios forestais.

E demais normativa de aplicación.

É necesario fixa-las limitacións e épocas hábiles de caza durante a temporada 2002-2003.

Por todo isto, e oídos os comités provinciais e galego de caza, en virtude do artigo 27.15º, do Estatuto de autonomía de Galicia, dos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo, e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servicios do Estado á Comu

nidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, co Decreto 306/2001, do 15 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, e polas atribucións conferidas na Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, artigos 1 e 3 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, e demais normativa concordante.

DISPOÑO:

TÍTULO I

Normas de carácter xeral

Artigo 1º

A presente orde de vedas regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer esta, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ó exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada 2002-2003.

Artigo 2º

A caza poderá exercerse unicamente sobre as especies de aves e mamíferos que se relacionan no anexo I da presente orde e só mediante os procedementos non prohibidos por ela.

Artigo 3º

O período hábil para exerce-la caza válido con alcance xeral será o comprendido entre os días 20 de outubro de 2002 e o 6 de xaneiro de 2003, ambos inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V desta orde. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta orde, que se refiren a cada unha delas, así como nas limitacións sinaladas no título V desta orde. De acordo co establecido no artigo 34.2º da Lei 4/1997, do 25 de xullo, de caza de Galicia, queda prohibido cazar fóra do período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da súa posta, salvo nos casos debidamente autorizados para a realización de esperas, agardas ou outras modalidades.

Con carácter xeral prohíbese a caza de calquera especie cinexética nas súas correspondentes épocas de celo, reproducción e crianza, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

De acordo co que establece o Decreto 45/1999, do 21 de xaneiro, polo que se establecen medidas preventivas e de restauración de áreas afectadas polos incendios forestais, queda prohibido o exercicio da caza durante a presente temporada nas superficies afectadas por incendios dunha extensión superior a unha hectárea que ardesen hai menos de dous anos da apertura da temporada de caza.

Nos terreos de réxime cinexético especial nos que se inclúan zonas de caza permanente e de adestramento de cans, conforme o disposto no artigo 8º do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia; serán de cumprimento tódalas disposicións recollidas na presente orde, salvo aquelas que expresamente se determinen na resolución que estableza a súa autorización.

Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plan de ordenación cinexética do TECOR, autorizarase a caza sementada da paspallás e perdiz, tódolos días do ano.

Artigo 4º

Os medios e procedementos non autorizados para exerce-la caza son os que figuran no anexo II desta orde.

Igualmente, queda prohibida a posesión ou o emprego de munición de postas no exercicio da práctica venatoria, entendendo como tal calquera cartucho cargado con máis dun proxectil de peso unitario igual ou superior a 2,5 gramos.

Artigo 5º

Só poderán ser obxecto de venda ou comercio as especies silvestres cazables que se relacionan no anexo III da presente orde. Esto poderá realizarse unicamente durante a temporada hábil de caza para cada especie. O tráfico ou comercio de especies de protección temporal nas provincias onde a súa captura estivese prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo competente que xustifique a súa procedencia.

Os exemplares de especies cinexéticas procedentes de explotacións industriais, así como os seus ovos cando se trate de aves, poderanse comercializar en calquera época do ano, logo de acreditación suficiente da súa orixe e do cumprimento dos requisitos fixados no artigo 2º do Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, e demais normativa do ámbito sanitario.

Queda prohibida a posta en venda ou transporte e a retención para a venda das especies da fauna silvestre non determinadas no anexo III desta orde.

Artigo 6º

A posta en liberdade de animais silvestres vivos de carácter cinexético requirirá a autorización previa do Servicio Provincial de Conservación da Natureza da provincia correspondente. Na solicitude de autorización deberán facerse consta-las especies, o número e a procedencia dos exemplares que se propón adquirir, así como a adecuación de tal propósito ás previsións do plan técnico de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os espécimes.

De acordo coa Resolución do 10 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, prohíbese o transporte e solta de

exemplares de lebre, procedentes tanto de dentro como de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

TÍTULO II

Caza menor

Artigo 7º.-Días hábiles.

Consideraranse días hábiles de caza os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Artigo 8º.-Limitacións de carácter xeral.

1. Nos terreos de réxime cinexético común nos que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, do 25 de xuño de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ó contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a cota máxima por cazador e día será dunha perdiz rubia e dous coellos.

2. Nos terreos de réxime cinexético especial as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans de aproveitamento.

3. Prohíbese a caza de aves acuáticas desde calquera tipo de embarcación, con ou sen motor.

4. Queda prohibido con carácter xeral o emprego ou posesión de balas ou armas longas de ánima riscada na práctica venatoria con especies de caza menor.

Artigo 9º.-Métodos e modalidades de caza.

1. Na práctica da caza en man, con ou sen cans, nos terreos cinexéticos de aproveitamento común non se poderá cazar en grupos maiores de seis cazadores, nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada cazador poderá cazar como máximo con catro cans, cun máximo de quince por grupo.

2. Poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 1 de setembro ata o comezo da temporada regular os xoves, sábados, domingos e festivos, e igualmente unha vez rematado o período hábil de caza menor, ata o día 26 de xaneiro de 2003, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os sábados e domingos. Desde o 2 ó 16 de febreiro de 2003, a Federación Galega de Caza ou as federacións provinciais poderán organizar campionatos de raposo ata un máximo de cinco e non máis de un por día, que se celebrarán os sábados e domingos. No transcurso do gancho, o seu responsable, deberá leva-la autorización correspondente e a relación completa, encabezada por el mesmo, dos participantes cos respectivos nomes e números de DNI. Esta relación deberá estar confeccionada antes do comezo do gancho.

Os titulares de terreos cinexéticos de réxime especial deberán presentar unha única solicitude antes do 16 de decembro de 2002 nos servicios provinciais de Conservación da Natureza para o conxunto de ganchos que queiran realizar no período comprendido entre o 6 de xaneiro do 2003 e o 26 de xaneiro do 2003, debendo quedar constancia da súa entrada no correspondente rexistro oficial antes da devandita

data. Na solicitude deberán indicarse a data, a hora, o lugar de reunión, a superficie que se cazará e o número previsto de participantes en cada gancho. Se por calquera circunstancia algún dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixadas, en ningún caso se poderá traslada-la súa celebración a outro día.

En terreos de aproveitamento común as solicitudes tamén deberán presentarse antes do 16 de decembro de 2002, debendo cumpri-los requisitos establecidos no parágrafo anterior.

Así mesmo, os solicitantes dos ganchos ós que se lles concedese a autorización correspondente, deberán informa-lo servicio provincial de Conservación da Natureza do resultado de cada un deles nun prazo máximo de 15 días a partir da súa celebración. Os resultados consignaranse por escrito e no impreso normalizado que se entregará coa resolución pola que se autorice o gancho. O incumprimento deste requisito poderá supo-la non autorización de máis ganchos no futuro ó mesmo solicitante. O servicio provincial de Conservación da Natureza poderá requirir dos solicitantes dos ganchos a súa colaboración para a recolla de mostras para a análise sanitaria e tamén para a toma de datos biométricos.

3. Mentres non haxa unha regulación específica da cetrería na Comunidade Autónoma de Galicia, o servicio provincial de Conservación da Natureza poderá autorizar esta modalidade de caza.

Artigo 10º.-Adestramento de cans e aves de cetrería.

1. De acordo co establecido no artigo 10 e nos artigos 18 a 23 da Lei de Galicia 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, queda prohibido o adestramento de cans para a caza maior con espécimes de caza maior liberados dentro de cercados, ou de calquera xeito que implique maltrato para animais salvaxes en catividade.

2. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético común, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2002 ata o remate da temporada hábil de caza menor, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico e os sábados desde o 7 de setembro ata o 19 de outubro, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza. O número máximo de cans por cazador será de 2.

3. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, sen petición previa e a partir do 1 de setembro de 2002 ata o remate da temporada hábil de caza menor, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e os sábados desde o 7 de setembro ata o 19 de outubro, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza, nas zonas que establezan os seus titulares.

4. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, sen petición previa,

ó longo de todo o ano, nas zonas destinadas a ese fin, agás nos meses de maio e xuño.

5. Os titulares de terreos de réxime cinexético especial extremarán as precaucións e adoptarán as medidas de seguridade precisas para evitar accidentes ou calquera interferencia durante a celebración de ganchos ou monterías, no período que coincida co permitido para o adestramento de cans.

6. Con fins de alta competición, logo de informe da Federación Galega de Caza, os servicios provinciais de Conservación da Natureza poderán autoriza-lo adestramento de cans de mostra e de aves de cetrería, con caza sementada, en calquera época do ano nos lugares autorizados para este fin.

Artigo 11º.-Competicións de caza.

1. En terreos cinexéticos de réxime especial durante o período hábil de caza menor poderán autorizarse competicións con morte ou sen morte, con pezas silvestres ou sementadas, os xoves, sábados, domingos e festivos. Estas competicións poderán ser supervisadas polos axentes de Conservación da Natureza.

2. Nos mesmos terreos, e fóra do período hábil de caza menor, poderán autorizarse competicións sen morte ou con morte e con caza sementada, por petición da parte interesada, nas condicións e zonas que, previamente, sinalen os servicios provinciais de Conservación da Natureza. As devanditas competicións poderán celebrarse os sábados, domingos e festivos, dentro das zonas autorizadas.

3. Con fins de alta competición, poderán celebrarse, logo de autorización, campionatos oficiais federativos con ou sen morte da caza, os sábados, domingos e festivos, en terreos cinexéticos de réxime especial.

Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para dicta-las normas e condicións nas que se desenvolven as citadas probas, cando para o logro dos seus fins sexa necesario abater ou capturar pezas de caza.

TÍTULO III

Caza maior

Artigo 12º.-Días hábiles.

Consideraranse días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, coas excepcións que se recollen nesta orde.

Artigo 13º.-Métodos e modalidades de caza.

1. A celebración de monterías e ganchos en terreos de réxime cinexético especial requirirá a autorización previa do servicio provincial de Conservación da Natureza correspondente, que deberá ser solicitada alomenos cunha antelación de 10 días. Tamén poderá comunicarse mediante un calendario que abranga toda a temporada. Deberá indicarse a especie, a data, a hora, o lugar de reunión, a superficie a bater e o número de participantes. Se por calquera circunstancia, algunha das cacerías non se efectuase

no lugar e data fixados, deberá comunicarse ó Servicio Provincial de Conservación da Natureza. No transcurso do gancho ou montería, o responsable deberá leva-la autorización e a relación completa, encabezada por el mesmo, dos participantes cos respectivos nomes e números de DNI. Esta relación deberá estar confeccionada antes do comezo do gancho.

2. Nos terreos de réxime cinexético común nos que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ó contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a caza maior só poderá exercitarse os sábados e na modalidade de gancho ou montería.

3. Os solicitantes dos ganchos ou monterías ós que se lle concedese a autorización correspondente deberán informa-lo servicio provincial de Conservación da Natureza do resultado de cada unha delas nun prazo máximo de 15 días a partir da súa celebración. Os resultados consignaranse por escrito. O incumprimento deste requisito poderá supo-la non autorización de máis ganchos ou monterías no futuro ó mesmo solicitante.

4. A caza do corzo na modalidade de axexo autorizarase calquera día da semana entre o 1 de xuño de 2003 e o 15 de agosto de 2003, nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, de acordo co plan anual de aproveitamento.

5. O Servicio Provincial de Conservación da Natureza poderá requirir dos solicitantes dos ganchos, axexos e outras modalidades de caza maior a súa colaboración para a recolla de mostras para a súa análise sanitaria e tamén para a toma de datos biométricos.

6. Queda prohibido para a caza maior a posesión ou emprego de cartuchos de perdigóns durante a práctica venatoria.

7. Os servicios provinciais de Conservación da Natureza poderán autoriza-la celebración de ganchos nos que se permita caza-lo raposo e o xabaril, dentro do período hábil de caza establecido para a última especie, así como a utilización nelas de armas e municións propias de caza maior.

Artigo 14º.-Pezas de caza.

1. Nos plans de aproveitamento dos terreos de réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas para o exercicio da caza maior nos terreos de aproveitamento cinexético común especificaranse as pezas de caza por especies, sexos e idades sobre as que se poderá exerce-la caza.

2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza:

a) As femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías.

b) Os machos adultos de corzo que efectuasen a esmouca antes do cerramento do seu período hábil de caza.

TÍTULO IV

Caza por danos

Artigo 15º.-Danos producidos pola caza.

1. Co fin de reduci-los danos que se puidesen producir na agricultura, na gandería, na silvicultura, e na flora e fauna silvestres, os servicios provinciais de Conservación da Natureza poderán acordar medidas de control. Fóra do período hábil de caza, estas medidas adoptaranse, logo de comprobación dos danos existentes polos axentes de Conservación da Natureza, seguindo directrices expresamente establecidas pola Dirección Xeral de Montes e Conservación da Natureza.

2. As principais medidas de control fronte a danos por especies que se poderán adoptar son as seguintes:

a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta especie e en evitación deles, de acordo cos datos sobre danos recorrentes que consten nos servicios provinciais de Conservación da Natureza, poderanse autorizar esperas, ganchos ou monterías durante todo o ano. A existencia de danos deberá de ser comunicada ó Servicio Provincial de Medio Ambiente tan pronto como sexa posible, a fin de preceder á súa comprobación, como requisito previo á autorización da práctica cinexética sobre esta especie. Cando a solicitude se faga en evitación de danos, esta deberá presentarse cunha antelación mínima de 10 días hábiles respecto ó da celebración do gancho, montería ou espera. Os solicitantes de cada gancho, montería ou espera autorizados deberán informar dos resultados por escrito ó Servicio Provincial de Conservación da Natureza correspondente nun prazo máximo de 10 días seguintes ó da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñe-la non autorización doutros e a anulación

automática dos xa autorizados.

Así mesmo, e nos concellos con danos recorrentes producidos por esta especie, logo de informe expreso dos axentes do Servicio Provincial de Conservación da Natureza e acreditados de acordo cos datos que consten nos servicios provinciais de Conservación da Natureza, poderase autoriza-la caza desta especie nos ganchos de corzo e xabaril.

b) Xabaril (Sus scrofa): co fin de reduci-los danos producidos por esta especie, tras comprobarse a existencia daqueles, os servicios provinciais de Conservación da Natureza poderán autoriza-la celebración de ganchos, monterías ou esperas. As solicitudes deberán presentarse no prazo máis breve posible a partir da detección dos danos e que permita a comprobación deles polo devandito servicio. Os solicitantes dos ganchos ou monterías autorizados deberán informar por escrito dos resultados destes ó servicio provincial de Conservación da Natureza correspondente, nun prazo máximo de 10 días seguintes ós da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñe-la non autorización de máis ganchos ou monterías e a anulación automática dos xa autorizados.

3. Nas autorizacións concedidas por manifestos e comprobados prexuízos, tanto polo lobo como polo xabaril, en terreos cinexéticos de réxime especial, as solicitudes serán formuladas polo titular do dereito de aproveitamento, pero nela recolleranse obrigatoriamente as sinaturas do prexudicado ou dos prexudicados polos danos detectados. En terreos de aproveitamento cinexético común as solicitudes serán formuladas polo prexudicado ou polos prexudicados polos danos detectados.

4. O director xeral de Conservación da Natureza establecerá limitacións temporais á adopción destas medidas de control co fin de evitar alteracións nas poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa cría e reproducción. Os servicios provinciais de Conservación da Natureza prestarán asesoramento técnico ós afectados polos citados danos, para a adopción de medidas alternativas de prevención e protección para as persoas ou na agricultura, na gandería, nos montes ou na flora e fauna silvestres.

5. A carne das reses que se abatan en época de veda, como consecuencia da adopción das medidas de control, no poderá ser obxecto de venda ou comercio.

Artigo 16º.-Aves prexudiciais para a agricultura e a caza.

En virtude do disposto no artigo 9º da Directiva 79/409/CEE, poderá autorizarse a caza e captura de aves que poidan causar danos nos cultivos agrícolas e na fauna.

Os interesados deberán formular unha solicitude dirixida ó Servicio Provincial de Conservación da Natureza, na que se fará constar:

a) Especie que se pretende cazar ou capturar.

b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan producir, así como a magnitude deles.

c) Que fosen probadas técnicas disuasorias sen éxito.

d) Expresión do método, tempo e lugar onde se pretende caza-las aves prexudiciais.

Será preceptivo o informe do axente do Servicio de Conservación da Natureza correspondente sobre os danos existentes, que informará se hai indicios razoables de que os danos foron causados ou non polas especies citadas. Se non fose posible establecer razoablemente a orixe dos danos, denegarase a solicitude.

TÍTULO V

Réximes especiais por especies

Artigo 17º.-Réximes especiais por especies, aprobados despois de oídos os comités provinciais de Caza e o Comité Galego de Caza.

As regulamentacións específicas nos terreos de réxime cinexético especial aprobadas polos servicios provinciais de Conservación da Natureza por proposta dos titulares, nos que se establezan vedas e peches anticipados dos distintos períodos hábiles,

serán de obrigado cumprimento. A infracción das limitacións ou prohibicións que regulen as ditas regulamentacións específicas sanciónanse de acordo co establecido na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Artigo 18º.-Réximes especiais por especies.

Caza menor:

a) Arcea (Scolopax rusticola) e agacha (Gallinago gallinago): poderá prolongarse o período hábil de caza para esta especie ata o día 2 de febreiro de 2003, agás nos concellos que se relacionan no anexo IV desta orde, das provincias de Lugo e da Coruña, nas que se poderá prolongar ata o 9 de febreiro do ano 2003, en terreos cinexéticos de réxime especial e logo de solicitude acompañada dun plan de aproveitamento cinexético aprobado.

b) Charrela (Perdix perdix): queda prohibida a súa caza.

c) Lebre (Lepus granatensis): só se autorizará a súa caza no período hábil comprendido entre o 20 de outubro de 2002 e o 1 de decembro de 2002, en terreos de réxime cinexético especial.

d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en gancho. Poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 1 de setembro ata o comezo da temporada regular, os xoves, sábados, domingos e festivos. Así mesmo, entre o 6 de xaneiro de 2003 e o 26 de xaneiro de 2003 e só nesta modalidade, poderase cazar os sábados e domingos en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Paspallás (Coturnix coturnix): pódese cazar no período hábil de caza menor. Poderase autorizar a súa caza en coutos da antiga lagoa de Antela nos concellos que se relacionan no anexo V desta orde, entre o 17 de agosto de 2002 e o 8 de setembro de 2002. Autorízase a súa caza os sábados e domingos, cun máximo de 15 cazadores por xornada de caza e un máximo de 4 cazadores por cuadrilla, e require autorización expresa do Servicio de Conservación da Natureza de Ourense, despois da presentación dun plan técnico de caza que deberá de incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e o seu reparto por xornada de caza, cun máximo de 15 pezas por cazador e día, e un só cuartel, cunha superficie máxima de 1.000 ha, para os TECOR cunha superficie cazable para esta especie menor de 5.000 hectáreas, sinalizado para o efecto. Só se autoriza a caza desta especie en terreos que teñan a colleita recollida. En caso de que se alongase o período de colleita, o Servicio Provincial

de Conservación da Natureza de Ourense poderá atrasa-lo período ata un máximo de tres semanas. Se os atrasos fosen maiores ou os censos efectuados así o aconsellasen, o director xeral de Conservación da Natureza poderá modifica-las cotas e os períodos autorizados ou incluso anula-lo período. Os TECOR deben estar dotados de vixilancia.

f) Pato cullerete (Anas clypeata): queda prohibida a súa caza.

2. Caza maior:

a) Corzo (Capreolus capreolus): o período hábil estenderase desde o 1 de setembro de 2002 ata o 19 de outubro de 2002 para os machos e do 1 ó 19 de outubro para as femias, podéndose cazar nas modalidades de gancho ou montería, en terreos de réxime cinexético especial e cando exista un plan técnico de aproveitamento aprobado desta especie. Os días hábiles para a caza desta especie serán os sábados, domingos e festivos. A autorización do Servicio Provincial de Conservación da Natureza fixará o número de pezas máximo que se poderá abater de acordo con plan de aproveitamento.

Os axexos autorízanse de acordo co establecido no artigo 13º desta orde, desde o 1 de xuño do 2003 ata o 15 de agosto do 2003.

Tanto na modalidade de axexo, como nas de gancho ou montería poderá autorizarse a caza de femias adultas de acordo co Plan de ordenación cinexético aprobado. Os machos deberán ser maiores de tres anos, agás que no plan de ordenación cinexético aprobado se estableza o contrario.

b) Xabaril (Sus scrofa): o período hábil estenderase desde o 1 de setembro de 2002 ata o 26 de xaneiro de 2003.

En terreos de réxime cinexético común só poderá cazarse os sábados e na modalidade de gancho ou montería, autorizada segundo o establecido no artigo 13º desta orde, entre o 1 de setembro de 2002 ata o 26 de xaneiro de 2002.

En terreos de réxime cinexético especial poderá cazarse:

Na modalidade de gancho ou montería, autorizada segundo o establecido no artigo 13º desta orde, entre o 1 de setembro de 2002 ata o 6 de xaneiro de 2003, os xoves, sábados, domingos e festivos, e desde o 6 de xaneiro ata o 26 de xaneiro, só os sábados e domingos.

Así mesmo, mentras se estea a caza-lo corzo, poderase disparar a exemplares desta especie, con autorización expresa dos servicios provinciais de Conservación da Natureza, os que haberá que comunica-los resultados das pezas abatidas desta especie nun prazo máximo de 15 días despois da súa celebración.

Os titulares dos terreos cinexéticos terán que poñer especial coidado en non autorizar na mesma mancha e xornada ganchos sobre esta especie e caza en man sobre especies de caza menor.

c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama dama e Ovis ammon musimon): autorízase a súa caza dentro do período hábil con carácter xeral, en terreos cinexéticos de réxime especial, logo de autorización dos servicios provinciais de Conservación da Natureza, derivado da presentación dun Plan de aproveitamento cinexético.

Nos concellos de Cabanas, A Capela, As Pontes, Monfero e Pontedeume, da provincia da Coruña, permítese a caza do cervo en calquera gancho ou montería autorizada para corzo ou xabaril.

Artigo 19º.-Terreos nos que se prohibe o exercicio da caza.

1. A Coruña:

a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, no termo municipal de Ribeira. A delimitación desta zona é a seguinte:

-N- Vila de Corrubedo e estrada de acceso a esta desde Artes.

-S- Camiño que une a parroquia de Vilar con Liboi ata punta Corbeiro.

-E- Camiño que comunica as parroquias de Artes e Vilar.

-O- Océano Atlántico.

b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do termo municipal de Muros. A delimitación desta zona, denominada Lagoa de Louro, é a seguinte: camiño público que desde O Ancoradoiro sae ó km 6,5 da estrada C-550 de Cee a Muros; segue por esta estrada ó longo de 200 metros para continuar polo límite do Monte Naraio e Tixia e polo carreiro a través deste, ata alcanza-la C-550 pasando polo casarío da Madanela, 80 metros ó longo desta ata o comezo do chamado camiño do Monte Louro, límite deste monte entre o camiño e o mar; liña de costa ó longo da praia de Louro ata o porto do Ancoradoiro e desde aquí, en liña recta, ata o punto de partida.

c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas illas Sisargas.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do termo municipal de Porto do Son. A delimitación desta zona denominada Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro é a seguinte: río Sieira desde a súa foz no Océano Atlántico, río arriba, ata a estrada de Noia a Ribeira (km 52,3). Desde este punto ata a encrucillada da estrada de Seráns, pasando por San Pedro de Muro, ata a antiga telleira. Desde aquí seguindo o camiño que chega ata a punta do cabo Teira séguese pola liña de costa ata a foz do río Sieira.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do concello de Ferrol, denominada Lagoa de Doniños. A delimitación desta zona é a seguinte: polo norte, partindo da liña de costa séguese a liña que separa os terreos de uso militar, ata chegar á encrucillada da estrada que vai a Curros e Fontemaior; desde esta encrucillada de estradas séguese pola estrada de Fonta ata chegar ás puntas Penencia na costa e desde aquí, pola liña de costa, ata a liña de terreos de uso militar.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona da Lagoa de Frouxeira, no concello de Valdoviño. A delimitación desta zona é a seguinte: polo norte desde a punta Frouxeira, ó longo do areal ou praia de Frouxeira, pola liña de costa ata a liña recta imaxinaria trazada desde a illa Percebelleira ata a estrada que desde a Porta do Sol, en Valdoviño, termina na praia. Seguindo por esta estrada ata a estrada de Ferrol a Cedeira e por esta ata o seu cruzamento coa de Ferrol a Valdoviño ata Canto do Muro, pola estrada local de Frouxeira ata a punta Frouxeira.

g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona do monte San Xurxo, no concello de Ferrol. A delimitación desta zona é a seguinte: N e O co Océano Atlántico, ó leste con predios particulares na demarcación parroquial de San Xurxo na que está situado o monte, ó sur con predios particulares e o océano Atlántico.

h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona do monte Brión, no concello de Ferrol. A delimitación desta zona é a seguinte: polo norte e oeste, demarcación parroquial de Doniños, ó leste, con propiedades particulares da parroquia de Brión, ó sur con propiedades particulares e océano Atlántico.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Cecebre. A delimitación desta zona é a seguinte:

N - Desde a presa, seguindo pola estrada que une o apeadoiro de Cecebre con San Román, atravesando os lugares de Seixurra e San Román, ata o cruzamento coa autoestrada do Atlántico.

L - Seguindo a autoestrada ata o km 17 e continuando por unha pista en terra de servidume daquela ata rematar na presa de formigón sobre o río Mero.

S - Desde o punto anterior, seguindo a marxe dereita do río Mero ata a ponte, e continuando pola estrada entre os lugares de Torre, Cubelo, Agrolongo e Horto de Arriba ata o viaducto do río Barcés, a marxe dereita da cal segue ata o lugar de Táboas, na estrada de Mabegondo a Carral.

O - Seguindo a marxe esquerda do río Barcés ata o viaducto e continuando pola estrada ata a presa do encoro.

j) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Sabón. A súa delimitación é a seguinte: desde a presa do encoro contigua á central térmica de Sabón pola estrada de servicio do polígono industrial, deixando o encoro á man esquerda ata o cruzamento da estrada da Coruña a Fisterra. Desde este punto, e seguindo a estrada de servicio do polígono, ata as instalacións industriais de Silicios de Sabón, S.A. e presa.

k) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na lagoa de Millares e Eirexanova e nas súas marxes, no termo municipal de Sobrado dos Monxes.

l) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas Brañas de Sada: termo municipal de Sada, parroquia de Sada. Coordenadas: lonxitude 8º 15' W, latitude 43º 21' N.

ll) Queda prohibido o exercicio da caza na lagoa de Mera: termo municipal de Oleiros, parroquia de Mera. Coordenadas: lonxitude 8º 20' W, latitude 43º 22' 40".

m) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na ría de Ortigueira e Ladrido como consecuencia de ser incluída polo Consello de Ministros como zona húmida do Convenio de Ramsar, en tódalas augas, zonas de seguridade e zonas marítimo-terrestres aprobadas por orde do Ministerio de Obras Públicas e Transportes (Dirección Xeral de Portos e Costas) do 29-9-1970, 4-6-1974, 19-12-1975, 17-5-1978.

n) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro da Ribeira, termo municipal das Pontes de García Rodríguez. A delimitación desta zona é a seguinte:

N - Marxe do encoro e límite do couto C-10.121 ata 200 m da confluencia do regato Brandián.

L - Bordeando o predio Cabalar a 200 m da cerca e continuando pola marxe dereita do río Eume ata a área recreativa de Caneiro.

S - Desde a área recreativa de Caneiro seguindo o camiño ou pista cara ás Pontes de García Rodríguez ata a confluencia do camiño que baixa ó complexo recreativo de Vilarbó, seguindo este camiño ata as ditas instalacións e despois continuando pola marxe esquerda do encoro, respectando os 200 m de influencia, ata a presa.

O - Desde a presa seguindo a marxe do encoro en Cuíña, Vilarnovo e Maraxón ata pecha-lo perímetro.

ñ) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na ría de Ferrol desde a ponte das Pías ata a desembocadura do Xubia en ámbalas marxes.

o) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas marismas de Baldaio, nos seguintes límites:

N - Océano Atlántico.

S - O camiño desde Rebordelos a Santa Mariña, pasando pola Igrexa, Castrillón, Outeiro, Cambre e Arnados.

L - O camiño desde a praia Pedra do Sal ata Rebordelos.

O - O camiño desde Santa Mariña á Punta do Pazo.

p) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na enseada de Insúa, en Ponteceso, nos seguintes límites:

N - O camiño local de punta Balarés a Cospindo, continuando pola estrada de Corme ata Ponteceso, estrada de Ponteceso a Buño.

S - Estrada de Ponteceso a Laxe, ata o lugar de Canduas.

L - O camiño que vai desde a estrada de Ponteceso a Buño ata o río Anllóns, continuando por este ata Anllóns de Arriba.

O - A liña que une Canduas, punta Padrón e punta Balarés.

q) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas, marxes e zonas de servidume da lagoa de Sobrado.

r) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na lagoa de Traba, nos seguintes límites:

N - Océano Atlántico.

L - Desde punta Arnao polo camiño que une Boaño con Felgueiras e Cernado.

O - Co camiño que une Cernado con Mordomo, e desde aquí ata punta Traba seguindo polo camiño.

s) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas, marxes e zonas de servidume do encoro das Fervenzas do Xallas.

t) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas marismas de Betanzos ata a altura do Pazo de Mariñán.

u) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na estación cinexética de Cerqueiros en Monfero.

v) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na marisma de Carnota, na área incluída dentro do perímetro da masa de auga.

w) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Vilagudín, nos termos municipais de Cerceda, Ordes e Tordoia, na área incluída dentro dos 200 metros da cota máxima do nivel de auga do encoro.

x) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Vilasenín, nos termos municipais de Cerceda e Ordes, na área incluída dentro dos 5 metros da cota máxima do nivel de auga do encoro.

O Servicio Provincial de Conservación da Natureza da Coruña sinalizará os limites territoriais que comprende a prohibición.

y) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas parroquias de Albite, Bugallido, Campolongo, Xallas, Arzón e Lueiro, do concello de Negreira, cos seguintes límites:

N - Límite co concello de Santa Comba.

S - Límite co concello de Outes e Río Corzán.

L - Límite coas parroquias de Landeira e A Pena e Río Corzán

O - Límite cos concellos de Mazaricos e Outes.

Mentres non se resolva o expediente de declaración Tecor destes terreos, que se encontra en trámite.

z) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas parroquias de Rus, Ardaña e Artes, do concello de Carballo, en tanto non se resolvan os expedientes de TECOR que os afectan.

A bis) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas parroquias de Colúns e Arcos, coa excepción dos montes comunais de Colúns, Enxilde, Curra, Cabunde, Campelo e Xinzo.

B bis) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona marítimo-terrestre do Ulla, no concello de Dodro.

C bis) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no predio do Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

2. Lugo:

a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas xunqueiras e ría do Eo; desde a ponte de Porto pola pista que pasa por Mión de Louteiro, ata a altura do km 4,700 da estrada de Veigadeo a Lugo, onde cruza o río Eo; desde este punto kilométrico segue pola citada estrada de Lugo a Veigadeo ata Porto de Abaixo, desde aquí e pola estrada nacional de Santander á Coruña ata Ribadeo, desde aquí pola estrada provincial ata Senra, desde aquí pola pista que chega á punta de costa denominada punta de Penas Brancas.

b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no monte propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia denominado Fraga Vella, sito nos termos dos concellos de Abadín e Mondoñedo. A delimitación correspondente é a seguinte:

N - Monte de utilidade pública Tremoal e Fraga das Vigas, parroquia de Labrada, do concello de Abadín: Casarío dos Agros e río Fraga Vella.

L - Río Fraga Vella e monte de utilidade pública nº 46-B Braña e Toxiza, da parroquia de Mondoñedo e outras.

S - Monte de utilidade pública nº 43 Coto da Cal, da parroquia de Romariz, do concello de Abadín.

O - Monte de utilidade pública nº 44 Tremoal e Fraga das Vigas, da parroquia de Labrada, do concello de Abadín.

c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos de Espiñeira e lagoa de Cospeito, do concello de Cospeito. A delimitación correspondente é a seguinte:

N - Termo do concello de Vilalba, ata o punto de cruzamento da estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, en Guisande.

L - Estrada de Rábade a Moncelos por Cospeito.

S - Estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, Vila da Feira do Monte e estrada de Cospeito a Vilalba, ata a ponte de Sistallo.

O - Pista da ponte de Sistallo á casa de Angulo da Espiñeira, ata o límite co concello de Vilalba.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos do monte de Veral, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, parroquia do Veral, concello de Lugo. A delimitación correspondente é a seguinte:

N - Estrada de Lugo a Friol e río Mera.

L - Propiedades particulares da parroquia de San Xoán do Alto.

S - Propiedades de veciños de San Xoán do Alto e camiño de Abelaidas.

O - Río Mera, monte da parroquia do Veral e propiedades dos veciños do Veral.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no monte Paramedela, no concello da Pobra de Brollón. A delimitación correspondente é a seguinte:

N - Monte de Salcedo a Bairán.

L - Monte de Salcedo a Bairán.

S - Monte de Salcedo a Bairán e río Lor, concello de Quiroga.

O - Monte de Salcedo e Bairán e río Loureiro.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no monte Bibei, concello de Quiroga. A delimitación correspondente é a seguinte:

N - Monte de Enciñeira.

L - Provincia de Ourense, monte comunal e propiedades particulares.

S - Provincia de Ourense.

O - Río Bibei, propiedades particulares, regato de Cavados e estrada de Ourense a Ponferrada.

g) Queda prohibido o exercicio da caza na Devesa de Rogueira, sito en Moreda-O Courel, coa seguinte delimitación:

N - Monte e prados en Moreda.

L - Monte de Moreda e de Vieña, ata o pico de Formigueiros.

S - Termo municipal de Quiroga ata Corga de Mosa e monte de Ferreiros ata Pico Polín.

O - Monte de Parada.

h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na ría de Foz, nos límites territoriais que se sinalan a seguir:

N - Boca da ría desde Punta do Cabo ata punta de San Bartolomeu.

L - Desde o punto anterior pola beira leste da praia de Altar á de Tupido, estrada de Viladaide e Aspera e camiño á igrexa de San Cosme de Barreiros, estrada ó Vilar, ferrocarril Ferrol-Gijón ata o camiño de dirección N-S á estrada comarcal 642 de Ferrol por Ortigueira.

S - Estrada C-642, a Espiñeira e Ponte da Espiñeira.

O - Desde a Ponte de Espiñeira, pola estrada C-642 ata Fondós, baixada á punta de Malatel e beira da ría ata punta do Cabo.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na Veiga de Pumar, concello de Castro de Rei. A delimitación correspondente é a seguinte:

N - Termo municipal de Cospeito, pola estrada de Rocelle a Porto do Monte e en liña recta ó Porto de Boraño, no río Miño.

L - Río Miño ata 200 metros augas abaixo da desembocadura do regato de Pumar, na presa de Oroxe, leiras particulares ata o cruzamento da estrada de Xustás a Oroxe.

S - Estrada de Oroxe a Almudia.

O - Estrada de Almudia a Arneiro ata o límite do termo municipal de Castro de Rei.

j) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que integran as Lagoas do Pedroso, parroquias de Pazos e Illán, no termo municipal de Begonte, cos seguintes límites:

N - Pista de acceso desde O Pedroso ata a confluencia co río Ladra.

L - Pista que comunica os lugares de Riocaldo e O Pedroso.

S - Nacional VI.

O - Río Ladra.

3. Ourense:

a) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de dominio público do encoro das Conchas, nos termos municipais de Bande, Lobeira e Muíños.

b) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de dominio público do encoro de San Martiño, nos termos municipais de Larouco, Petín e A Rúa.

c) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de dominio público do encoro de Castrelo de Miño, nos termos municipais de Ribadavia, Castrelo de Miño e Cenlle, desde os lugares de Sanín e Oleiros ata o encoro.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro do Lindoso nos termos municipais de Lobios e Entrimo.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Salas nos termos municipais de Muíños e Calvos de Randín.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no Parque Natural do Invernadeiro, no termo municipal de Vilariño de Conso, de acordo co Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o PORN.

g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na quinta Salgueiros, no termo municipal de Muíños, pertencente ó Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas zonas de reserva integral do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, de acordo co Decreto 27/1993, do 11 de febreiro, no que se declaran como parque natural os citados terreos.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos incluídos na zona de influencia de explotación de areas da comarca da Limia, termo municipal de Sandiás, de acordo co plano existente no plan de recuperación das Areeiras da Limia, entre a pista norte, que bordea as explotacións de areas e o río Limia.

j) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que comprenden a quinta da Edreira, no termo municipal de Laza.

4. Pontevedra:

a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no Parque Natural das illas Cíes e na illa de Ons.

b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público da enseada de San Simón, formada polo entrante da ría de Vigo ata a ponte de Rande, sobre o estreito de Rande.

c) Queda prohibido o exjercicio de toda clase de caza nas augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público así como na zona marítima do complexo intermareal de Umia-O Grove-A Lanzada-Punta Bodeira, como consecuencia de que foi declarada polo Consello de Ministros como zona húmida incluída no Convenio Internacional de Ramsar.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas zonas norte e sur das Gándaras de Budiño, sitas no concello do Porriño:

N - Estrada que parte da estrada N-550 en dirección Santo André.

S - Estrada que parte da N-550 en dirección Madanela.

L - N-550 e estrada de acceso ó polígono das Gándaras.

O - A división entre a vexetación da zona húmida e os piñeiros, matogueira e terras de cultivo. Camiño que parte da estrada que marca o límite norte e que atravesa Centeáns, Quintela, e chega ata Madanela.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Pontillón do Castro, sito no concello de Pontevedra e cunha superficie de 31,5 ha delimitadas polos seguintes lindeiros:

N - Pista forestal contigua ó encoro.

L - Pista forestal contigua ó encoro que continúa a anterior.

S - Estrada comarcal de Pontevedra ó encoro, desde a confluencia coa pista anterior ata o dique daquel.

O - Liña imaxinaria paralela ó límite dos terreos propiedade do Concello de Pontevedra, a unha distancia de 250 m, que parte do dique do encoro.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona sur da Illa de Arousa, denominada punta de Carreirón, cos seguintes límites:

N - Enseada da Brava e praia de Salinas.

L - Liña de costa.

S - Liña de costa.

O - Liña de costa.

g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona denominada Baixo Miño e illa Canosa, cos seguintes límites:

N - Pola pista que delimita o piñeiral da praia de Camposancos, segue pola faixa aberta polo tendido eléctrico de alta tensión, segue ata o campo de deportes, continúa por toda a zona húmida, desde a pista que sae de Pasaxe ata a ponte do río Tamuxe.

E - Río Tamuxe.

S - Río Miño.

O - Océano Atlántico e punta de Santa Tegra.

h) Illa Canosa e Morraceira do Grilo en toda a súa extensión.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no parque natural do Monte Aloia, en Tui.

j) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona do Val Miñor, cos seguintes límites:

N - Estrada PO-340, desde a desviación para Mañufe ata monte Lourido.

S - Estrada de Mañufe á ermida de Sta. Marta.

L - Estrada e ponte desde Mañufe á estrada PO-340.

O - Zona marítima desde a ermida de Santa Marta ata os illotes de Garza e monte Lourido.

k) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na Xunqueira de Alba, no termo municipal de Pontevedra, cos seguintes límites:

N - Pista de Ponte Cabras ata a autoestrada A-9.

S - Río Lérez.

L - Pista desde as Correntes pasando pola Ponte do Maxeiro, Rúa da Gándara, ata Ponte das Cabras.

O - Autoestrada A-9.

Disposición adicional

Única.-O plan de aproveitamento cinexético anual deberá de presentarse nos servicios provinciais de Conservación da Natureza, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para modifica-lo inicio ou o final

dos períodos de caza sinalados, cando haxa razóns especiais que o xustificasen, así como para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Relación de especies cinexéticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aves:

Anas crecca: cerceta común.

Anas plathyrhynchos: pato real.

Anas acuta: pato rabilongo.

Anas clypeata: pato cullerete.

Aythya ferina: parrulo chupón.

Aythya fuligula: parrulo cristado común.

Alectoris rufa: perdiz rubia.

Perdix perdix: perdiz charrela.

Coturnix coturnix: paspallás.

Phasianus colchicus: faisán común.

Fulica atra: galiñola negra.

Vanellus vanellus: avefría.

Scolopax rusticola: arcea.

Gallinago gallinago: agacha.

Larus ridibundus: gaivota chorona.

Larus fuscus: gaivota escura.

Larus argentatus: gaivota clara.

Columba livia: pomba brava.

Columba oenas: pomba zura.

Columba palumbus: pombo torcaz.

Streptopelia turtur: rola común.

Streptopelia decaocto: rola turca.

Turdus pilaris: tordo real.

Turdus philomenos: tordo común.

Turdus iliacus: tordo malvís.

Turdus viscivorus: tordo charlo.

Sturnus vulgaris: estorniño pinto.

Pica pica: pega rabilonga.

Corvus monedula: corvo cereixeiro.

Corvus corone: corvo viaraz.

Mamíferos:

Lepus granatensis: lebre.

Oryctolagus cuniculus: coello.

Canis lupus: lobo.

Vulpes vulpes: raposo.

Sus scrofa: xabaril.

Capreolus capreolus: corzo.

Cervus elaphus: cervo.

Dama dama: gamo.

Ovis ammon musimon: muflón.

ANEXO II

Relación de procedementos ou medios de captura prohibidos con carácter xeral.

1. Lazos, trampas, garamelos, costelas, buíces, nasas ou esparrelas.

2. Todo tipo de métodos ou medios que impliquen o uso de visgo, como o arbolillo, as varetas, as rametas, as barracas ou paranys.

3. Chamarices de animais vivos, mortos ou naturalizados de perdices femias e doutros chamarices vivos cegados ou mutilados. Todo tipo de engados eléctricos ou mecánicos, incluídas as gravacións.

4. Aparellos electrocutantes ou paralizantes. Engados, gases ou substancias velenosas, paralizantes, tranquilizantes, atraentes ou repelentes. Productos para crear rastros de cheiro, explosivos, anzois e arames.

5. Faros, lanternas ou outros aparellos luminosos, e visores que permitan o tiro nocturno.

6. Todo tipo de redes ou de artefactos que requiran para o seu funcionamento o uso de mallas, como as redes abatibles, as redes-néboa ou verticais e as redes-canón.

7. Armas que disparen en refachos, armas automáticas ou semiautomáticas con cargador que poida conter máis de dous cartuchos. Armas de aire comprimido así como as dotadas de silenciador, ou de visor para o disparo nocturno. Armas de fogo de calibre 22 e outra munición non autorizada.

8. Béstas.

9. Canóns pateiros.

10. Furóns.

11. Aves de cetrería.

12. Avións ou vehículos motorizados ou calquera tipo de aeronaves.

13. Embarcacións propulsadas por motor o sen el, como lugar desde onde se realizan disparos, así como vehículos terrestres motorizados.

ANEXO III

Relación de especies cazables comercializables no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aves:

Anas plathyrhynchos: pato real.

Alectoris rufa: perdiz rubia.

Phasianus colchicus: faisán.

Columba palumbus: pombo torcaz.

Columba oenas: pomba zura (1).

Coturnix coturnix: paspallás (1).

Mamíferos:

Lepus granatensis: lebre.

Oryctolagus cuniculus: coello.

Vulpes vulpes: raposo.

Sus scrofa: xabaril.

Cervus elaphus: cervo.

Capreolus capreolus: corzo.

Dama dama: gamo.

Ovis ammon musimon: muflón (*).

(1) Só os exemplares procedentes de explotacións industriais.

(*) Especie incluída no convenio de Washington.

ANEXO IV

Concellos da provincia da Coruña:

Mañón.

Ortigueira.

Valdoviño.

Ferrol.

Neda.

Narón.

Fene.

Moeche.

San Sadurniño.

Cedeira.

Cariño.

Cerdido.

As Somozas.

Cabanas.

Pontedeume.

A Capela.

Mugardos.

Ares.

Concellos da provincia de Lugo:

Burela.

Cervo.

Muras.

Ourol.

O Vicedo.

Viveiro.

Xove.

Alfoz.

Foz.

Lourenzá.

Mondoñedo.

O Valadouro.

Abadín.

Barreiros.

Ribadeo.

Riotorto.

A Pontenova.

Trabada.

ANEXO V

Concellos da provincia de Ourense, que abranguen a antiga Lagoa de Antela:

Rairiz de Veiga.

Vilar de Santos.

Sandiás.

Vilar de Barrio.

Sarreaus.

Xinzo de Limia.

Trasmirás.

Porqueira.

Xunqueira de Ambía.