Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 24 de xullo de 2002 pola que se modifica a do 18 de marzo de 2002 pola que se regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro para o exercicio do ano 2002, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 18 de marzo de 2002 pola que se regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro para o exercicio do ano 2002, e se procede á súa convovatoria (Diario Oficial de Galicia nº 58, do 22 de marzo), establece na exposición de motivos, no artigo 2º e na disposición adicional primeira as aplicacións orzamentarias con cargo ás que se financiarán as axudas previstas nela.

Non obstante, publicada con data do 2 de maio de 2002 a Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, cómpre engadi-la aplicación orzamentaria 14.04.241A.481.0 para o financiamento das axudas previstas na devandita orde.

Polo exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Engádese a aplicación orzamentaria 14.04.241A.481.0 para o financiamento das axudas previstas na Orde do 18 de marzo de 2002 pola que se regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro para o exercicio do ano 2002 e se procede á súa convovatoria, tendo como límite global o importe de 601.012,10 A.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Fomento do Emprego a dictar, no ámbito das súas competencias, as disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Mujer e Xuventude