Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do acordo de adhesión da empresa Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. ó convenio colectivo de marroquinería, coiros repuxados e similares (zona centro).

Visto o expediente de revisión salarial do acordo de adhesión da empresa Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. ó convenio colectivo de trabajo del grupo

de marroquinería, coiros repuxados e similares de Madrid, Castilla-La Mancha, La Rioja, Cantabria, Burgos, Soria, Segovia, Ávila, Valladolid e Palencia, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-6-2002, complementado o 9-7-2002, subscrito en representación da parte económica por Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A., e da parte social, polo comité de empresa o día 21-6-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta de revisión salarial del convenio colectivo de empresa Don Rodrigo The Spanish Saddlery, S.A.

Vimianzo, 21 de xuño de 2002.

Reunidos nos locais da empresa Don Rodrigo The Spanish Saddlery, S.A. no día arriba indicado.

Dunha parte, en representación dos traballadores:

Juan Luis Figueiras Caamaño, con DNI 32411543.

Rosa Trillo Barbeira, con DNI 76348474.

Esperanza Trillo Barbeira, con DNI 76331784.

María Santos Caamaño, con DNI 76359779.

Doutra parte, en representación da empresa:

Antonio Lema Olveira, con DNI 33246159.

Antonio Galdo Martínez, con DNI 32787134.

ACORDAN:

Primeiro.-Aproba-la táboa salarial para o ano 2002, unha vez aplicados os incrementos pactados en convenio colectivo da empresa (artigo 10).

De acordo con isto procédese da seguinte forma:

En primeiro lugar constatados os beneficios netos da sociedade durante o exercicio 2001, calcúlase o 5% destes e distribúese linealmente entre tódolos traballadores do cadro de persoal pasando as cantidades resultantes a integrarse en salario base. Para

tales efectos distribúese a contía entre as 15 pagas obxecto de devengo. A contía resultante segundo a información facilitada pola dirección da empresa ascende a 3,32 euros por paga. Non obstante, se do dito cálculo se derivase calquera erro ou ben unha vez verificados os beneficios netos das contas anuais da empresa resultase unha contía superior, a empresa comprométese a reface-los cálculos e aboar con carácter retroactivo as cantidades que a favor dos traballadores resulten.

Unha vez que se procedeu ó incremento dos salarios dos empregados na cantidade mencionada efectúase a correspondente actualización de acordo co IPC previsto para o ano 2002, isto é o 2% así como o incremento disposto no artigo 14 punto primeiro do convenio colectivo de marroquinería, coiros repuxados e similares da zona centro ó que nos adherimos, o cal supón un 0,5% a maiores.

En resumo, unha vez incrementado o salario base do ano 2001 coa contía que dá a distribución do 5% de beneficios netos, actualízanse os salarios e demais conceptos económicos a razón do 2,5%.

NivelCategoríaSalario base/mensual

1Oficial primeira 539,36 euros

2Oficial segunda/montador segunda 508,55 euros

3Oficial terceira 483,91 euros

4Especialista 474,67 euros

Segundo.-Procédese a revaloriza-las contías do complemento ad personam de acordo co disposto nos artigos 5 e 10 do convenio colectivo de empresa Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. Por conseguinte, efectúase unha revalorización do IPC previsto (2%) e do incremento pactado no convenio colectivo de marroquinería da zona centro (0,5%), é dicir, unha revalorización do 2,5%.

Terceiro.-A paga de outubro mantense no prezo pactado para este ano por canto entra en vigor a partir do ano 2002, de tal forma que para este ano non experimenta ningunha revalorización, sendo o seu importe de 54,09 euros.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 6 do convenio colectivo de empresa respecto dos traballadores que teña a categoría de montadores de 2ª, continúa aberta a negociación do sistema de remuneración das pezas. Non obstante, unha vez alcanzado o acordo sobre a dita materia procederase ó seu depósito ante a autoridade laboral competente para efectos da súa publicación no boletín oficial correspondente.

Quinto.-Acórdase remiti-la dita acta para efectos de rexistro e publicación á autoridade laboral competente no prazo de 15 días contados a partir da sinatura deste acordo.

Para os efectos oportunos asinan este acta:

Juan Luis Figueiras Caamaño, con DNI 32411543.

Rosa Trillo Barbeira, con DNI 76348474.

Esperanza Trillo Barbeira, con DNI 76331784.

María Santos Caamaño, con DNI 76359779.

Antonio Lema Olveira, con DNI 33246159.

Antonio Galdo Martínez, con DNI 32787134.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE