Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 253/2002, do 18 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ribas de Sil (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de pavimentación da estrada San Clodio-Casares ó paso a nivel e rúa da Veiga.

O Concello de Ribas de Sil, en sesión do día oito de marzo de dous mil dous, aprobou o proxecto de pavimentación da estrada San Clodio-Casares ó paso a nivel e rúa da Veiga, e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Ribas de Sil foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día un de xullo de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día cinco de xullo de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala o concello, as obras pretenden solucionar un estreitamento existente na estrada San Clodio-Casares, á altura do cruzamento coa rúa da Veiga e o paso a nivel do ferrocarril, coincidindo ademais cun cambio de rasante, que representa en consecuencia un punto negro de especial sinistralidade para o tráfico rodado e especialmente para os peóns, ó teren que circular obrigatoriamente pola calzada.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xullo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Ribas de Sil, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de pavimentación da estrada San Clodio-Casares ó paso a nivel e rúa da Veiga.

Santiago de Compostela, dezaito de xullo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais