Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (167/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 67/2002 por instancia de Amelia Rosa Tobares Leyes e outras, contra Seduction Corp, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Dictamino que, estimando a demanda promovida por Amelia Rosa Tobares Leyes, María Luz Fresco Núñez, Sonia Álvarez Irigoyen e María Pilar Alarza Bermúdez contra a empresa Seduction Corp, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ás demandantes con data do 24-1-2002 a primeira e 1-2-2002 para as tres restantes, condenando á demandada a que no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión das traballadoras nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou o aboamento da cantidade de 261,73 euros a Amelia Rosa Tobares Leyes; 246,46 euros a María Luz Fresco Núñez; 152,68 euros a Sonia Álvarez Irigoyen e 154,86 euros a Pilar Alarza Bermúdez, no concepto de indemnización e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución, a razón de 17,49 euros diarios.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Seduction Corp, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de xuño de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA