Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (736/1999).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico: que neste xulgado se seguen autos número 736/1999 por instancia de José Evaristo Fraga Rama contra a empresa Sapma, S.A. a TXSS, a Mutua Madin, o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre accidente enfermidade, nos que recaeu sentencia con data do 15-5-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Dictamino que desestimando a demanda promovida por José Evaristo Fraga Rama, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a TXSS, a Mutua Madin e a empresa Sapma, S.A., debo absolver e absolvo as demandadas de tódolos pedimentos contidos naquela.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaseles saber que contra esta cabe recurso de suplicación, para anunciar dentro dos cinco días seguintes ó da notificación da sentencia, ante este xulgado, do qe coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 187 e seguintes do texto articulado da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Tecnics Medio Ambientales Tecmed, S.A. expido e asino esta cédula na Coruña o dezasete de xuño de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado