Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (776/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 776/2001 contra empresa Exclusivas Ferco, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, 8 de maio de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 776/2001, seguidos por instancia de Juan Carlos Seijas Seoane, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a empresa Exclusivas Ferco, S.L., representada por Sonia Ferreira Pena e asistida polo letrado José Antonio Marcote Rocha, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Carlos Seijas Seoane contra a empresa Exclusivas Ferco, S.L., condenando á demandada a aboarlle ó demandante a cantidade de 3.124,56 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de «Depósito e consignacións» que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Exclusivas Ferco, S.L., que ten o seu enderezo des

coñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado