Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (27/2001).

María Mercedes Martín Olivera, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Muros, fago saber que neste xulgado e co nº 1000027/2001 se segue por instancia de María Celia Martínez Martínez expediente para a declaración de falecemento de José Martínez Gerpe, natural de Outes (A Coruña), veciño de Sabardes, Outes, de 101 anos de idade,

que se ausentou do seu último domicilio en Sabardes, Outes, non téndose del noticias desde o ano 1936, ignorándose o seu paradoiro.

O que se fai público para os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dado en Muros o oito de xaneiro de dous mil dous.

A xuíza

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado