Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE LUGO

EDICTO de notificación (261/2001).

En virtude do acordado en resolución desta data dictada en autos de xuízo verbal nº 261/2001 por instancia de María Alcira Soto López contra Manuel Joaquín de Sousa Andrade por medio deste edicto notifícase a sentencia a este último, o encabezamento e parte dispositiva da cal din así:

Vistos por Darío Antonio Reigosa Cubero, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Número cinco de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 261/2001, seguidos por instancia de María Alcira Soto López, representada polo procurador Álvaro Martín Buitrago Calvet, e coa direccion da letrada Ana María López Rubinos; contra Manuel Joaquín de Sousa Andrade, quen non comparece ó auto do xuízo, constando a súa citación en forma, sobre desafiuzamento. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demando formulada polo procurador Álvaro Martín Buitrago Calvet, en nome e representación de María Alcira Soto López, contra Manuel Joaquín de Sousa Andrade, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento de vivenda a que se refire o feito primeiro da demanda, condenando o demandado a deixala libre e expedita, á disposición da actora no prazo que marca a lei, prevíndoo de que, se así non o fai, poderá ser lanzado pola forza e pola súa conta, condenando o dito demandado a estar e pasar por tales pronunciamentos, con expresa condena en custas ó demandado.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe a posibilidade de interpoñer perante este xulgado recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación perante a Audiencia Provincial de Lugo. Seguen sinaturas rubricadas.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Joaquín de Sousa Andrade, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lugo, catro de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado