Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave GA/02/013.00.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 49 86; telefax: 981 54 47 91.

2. Categoría do servicio e descrición, número CPC, cantidade, opcións: 74231120-4.

Asistencia técnica para a realización do inventario das características físicas, xeométricas e de equipamento cunha base visual de datos da rede de estradas da Xunta de Galicia, de clave GA/02/013.00.

Orzamento de licitación: 520.410,80 euros.

3. Lugar de entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación do persoal responsable da execución do servicio: é a indicada na folla de valoración do prego de prescricións técnicas particulares.

5. División en lotes: non.

6. Variantes: aplicarase o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato: 30 meses.

8.a) Solicitude da documentación: o indicado no número 1.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/.

E en Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.

b) Data de solicitude: 19 de setembro de 2002.

9.a) Data límite da recepción das ofertas: 19 de setembro de 2002.

b) Enderezo: o indicado no punto número 1, e segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, achegando traducción oficial.

10.a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) A data, a hora e o lugar: a apertura económica realizarase ás 11 horas do día 4 de outubro de 2002, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (10.408,22 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

Estas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

12. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: o pagamento efectuarase segundo o establecido no parágrafo 11 do prego de cláusulas técnicas particulares.

13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

14. Condicións mínimas: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica ou financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

15. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, conforme ó artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

16. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria.

Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

18. Data de envío do anuncio: 30 de xullo de 2002.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 30 de xullo de 2002.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda