1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.
Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.
Edificios administrativos de San Caetano.
Santiago de Compostela-A Coruña (España).
Teléfono nº: 981 54 49 86, telefax nº: 981 54 47 91.
2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.
b) Contido do contrato obxecto da licitación: variante de Marín. Treito: conexión da estrada Figueirido coa EC-550. Subtreito: conexión estrada PO-313 coa EC-550, Marín. Clasificación CPV (Vocabulario Común da Contratación Pública): 45233100-0.
Orzamento base de licitación: 10.648.427,32 euros.
3.a) Lugar de execución: Pontevedra.
b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Prazo de execución eventualmente imposto: 30 meses.
5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.
Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/.
E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.
b) 6.a) Data límite de recepción das ofertas: 19 de setembro de 2002.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.
c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.
7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) A data, a hora e o lugar da apertura das ofertas: 30 de setembro de 2002, ás 11 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (212.968,55 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (425.937,09 euros).
As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos á conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.
11. Condicións mínimas:
a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo A, subgrupo 2, categoría f. Grupo B, subgrupo 2, categoría e.
b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño,
polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.
15. Información complementaria:
Tipo de poder adxudicador: administración rexional/local.
Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
16. Data de envío do anuncio: 30 de xullo de 2002.
17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 30 de xullo de 2002.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda