Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación, do concurso aberto, polo trámite de urxencia, da obra: variante de Marín, treito: conexión da estrada de Figueirido coa EC-550, subtreito: conexión da estrada Figueirido coa PO-313, de clave N/PO/91.10.2.1.

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 49 86, telefax nº: 981 54 47 91.

2.a) Modalidade de adxudicación elexida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: variante de Marín. Treito: conexión da estrada Figueirido coa CC-550. Subtreito: conexión estrada Figueirido coa PO-313. Clasificación CPV (Vocabulario Común da Contratación Pública): 45233100-0.

Orzamento base de licitación: 8.727.078,69 euros.

3.a) Lugar de execución: Pontevedra.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se acompaña como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 30 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.

b) 6.a) Data límite de recepción das ofertas: 19 de setembro de 2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado da traducción oficial.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) A data, a hora e o lugar da apertura das ofertas: 30 de setembro de 2002, ás 11 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (174.541,57 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (349.083,15 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na evaluación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. No seu caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo B, subgrupo 2, categoría e.

b) Os empresarios extranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: 3 meses consonte ó artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.

15. Información complementaria:

Tipo de poder adxudicador: administración rexional/local.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de envío do anuncio: 30 de xullo de 2002.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 30 de xullo de 2002.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda