Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2002, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa R.I.X.E., clave: AC/00/33.1, termos municipais de Mugardos, Ares e Fene.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desen

volvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 26 de setembro de 2001, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda se procede á aprobación o proxecto de trazado das obras: vía rápida de Ares e Mugardos, clave: AC/00/33.1.

Con data do 22 de febreiro de 2002, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios a efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 75/2002, publicado no DOG número 55, do 18 de marzo de 2002.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Mugardos.

Local: escola de Franza (edificio Francisco Vizoso, 42, Franza-Mugardos).

Día 2 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 1 a predio nº 50.

Día 3 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 51 a predio nº 100.

Día 4 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 101 a predio nº 150.

Día 5 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 151 a predio nº 200.

Día 6 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 201 a predio nº 250.

Día 9 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 251 a predio nº 300.

Día 10 de setembro de 2002, das 9,30 ás 14 horas: de predio nº 301 a predio nº 326.

Termo municipal de Ares.

Local: escola de Franza (edificio Francisco Vizoso, 42, Franza-Mugardos).

Día 10 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 232 a predio nº 234.

Termo municipal de Fene.

Local: escola de Franza (edificio Francisco Vizoso, 42, Franza-Mugardos).

Día 11 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 327 a predio nº 385.

Día 12 de setembro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 386 a predio nº 443.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos respectivos concellos e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña), as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 30 de xullo de 2002.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio