Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.001

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (339/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos nº 339/2002 seguidos por instancia de Raquel Trashorras Manso contra Asociación de Trastorno de la Personalidad -Asgaie-Mª del Carmen González Sieira sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 21-6-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Raquel Trashorras Manso, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno á empresa Asociación de Trastorno de la Personalidad -Asgai- a que, á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou da indemnice coa cantidade de 550,88 euros,

con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 2.190,3 euros. Absolvendo da demanda María del Carmen González Sieira.

Notifíquese a presente resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 339.2002 de BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asociación de Trastorno de la Personalidad -Asgai- e María del Carmen González Sieira, expido e asino a presente cédula na Coruña, 21 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado