Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.000

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (94/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 94/2002 seguidos pola instancia de Julio Sánchez Botana contra Cegape, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 14-6-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que, aceptando a demanda interposta por Julio Sánchez Botana debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.878,13 euros (478.880 pesetas) polos conceptos que se

expresan no feito probado segundo esta resolución e neste sentido debo condenar e condeno á empresa Cegape, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 2.878,13 euros (478.880 pesetas) polo concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá de interpoñelo, sendo posible o anuncio pola mera manifestación daquela ó ser notificada, e que, se é o caso, será resolto, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Cegape, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Agra de Bragua, 22, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 25 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado