Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.000

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación (79/2002).

José Otero Ruibal, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra da fe que nos autos que se relacionan recaeu a seguinte sentencia:

Sentencia: 79/2002.

Procedemento: incidentes 408/2000.

En Pontevedra, vintetrés de maio de dous mil dous Aurelia Montenegro Arce, maxistrada-xuíza de primeira instancia e instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido, tendo visto os presentes autos de incidentes 408/2000 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Sindicatura de la Quiebra Construcciones y Pavimentos

Diversos S.A. con procuradora Alejandra Freire Riande e letrado Enrique Devesa Pérez-Bobillo, e doutra e como demandado Comercial Senra, S.A., Bankinter, S.A., Contrucciones y Pavimentos Diversos, S.A. con procurador Miguel Ángel Martínez Cabrera, José Portela Leiros e letrado Emilio Búa Ares, José Ocampo Martínez, en rebeldía procesual a demandada Copdisa, sobre incidentes dictamino que estimando a demanda interposta pola procuradora Alejandra Freire Riande, contra a entidade Comercial Senra, S.A., representado polo procurador Martínez Cabrera e contra a entidade Bankinter, S.A. representado polo procurador Portela Leiros, e contra a entidade Construcciones y Pavimentos Diversos S.A. (Copdisa), declarada en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a nulidade da venda e transmisión con data de 1-7-1996 e a do contrato de arrendamento financeiro con data 2-7-1996 en póliza ante corredor de comercio Núñez Sánchez, e debo condenar e condeno ás demandadas a estar e pasar

por tal declaración e a que, solidariamente, integren á masa da quebra a cantidade de 17.400.000 ptas. (104.576,11 euros) máis o importe que se acredite en execución de sentencia e correspondente a indemnización de danos e perdas ocasionados ó non ter disposto a masa da quebra dos bens descritos e obxecto da venda e posterior contrato de arrendamento financeiro, desde a data de 1-7-1996 á data de interposición da demanda, todo iso con expresa imposición de custas ás demandadas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado en termo do quinto día.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde, expido a presente cédula en Pontevedra, seis de xuño de dous mil dous.

O secretario

Rubricado