Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 11.999

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en normalización lingüística convocada por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en normalización lingüística, convocada por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de marzo), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1. da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto con base na 7.1. convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 17 horas do día 18 de setembro de 2002 no Rectorado da Universidade da Coruña (rúa Mestranza s/n), sala de reunións da Xunta de Goberno. Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Relación de admitidos

DNIApelidos/nome

32834348Bestilleiro Bello, Xosé

34891232Castro López, María Josefa

32777444Ríos Noya, Marisol

35299246Román Portas, María Lourdes

32651369Salgado Basoa, María Isolina

32750230Toba Quintáns, Purificación

Relación de excluídos

DNIApelidos/nome

76709982Álvarez Docampo, Xulio César

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de xullo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA