Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.001

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (768/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela

Fai saber que neste xulgado do Social se segue procedemento nº 768/01 por instancia de Ana Isabel Vega Espín contra Juan Alberto Ageitos Vázquez, Rediscarta Galicia, S.L., Repriss, S.A. e Fogasa, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 9 de decembro de 2002 ás nove horas trinta minutos, cítase en única convocatoria a Juan Alberto Ageitos Vázquez, que tivo

o seu domicilio en Touro nº 3, baixo, de Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito en r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advertíndolle que as sucesivas dilixencias notificaránselle nos estrados deste xulgado salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese co fin de que achegue ó acto de xuízo dos contratos de traballo e prórrogas se as houbese, documentos de alta e baixa na Seguridade Social así como recibos de salarios correspondentes á parte demandante, boletíns de cotización á Seguridade Social e libro de matrícula. Cítase así mesmo a un representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º la Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da

LAC, en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que así conste e sirva de notificación, citación e requirimento a Juan Alberto Ageitos Vázquez, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2002.

Rubricado